IES DE CATABOIS

Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238

Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241

E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal

50º ANIVERSARIO do IES de Catabois

Novas

Comezo do curso 2021-2022

COMEZO DO CURSO 2021-2022
 
  • HORARIO XERAL DO CENTRO:
Despois de recibir a notificación da Xefatura Territorial, o novo horario do centro será:
    • Luns, mércores e venres: de 8:40 a 14:25.
    • Martes e xoves: de 8:40 a 15:05
Polo tanto, non haberá clases os martes pola tarde nin servicio de comedor.
 
Na semana do 20 de setembro, convocarase telemáticamente ás familias para informar sobre o protocolo COVID e as normas xerais de funcionamento do centro.
  • TRANSPORTE:
Haberá servizo de transporte para o alumnado de ESO. A saída do inicio de ruta é normalmente ás 8, pero deben procurar estar nas paradas con tempo suficiente por se saen con adianto.

alumnado de BAC, en principio, debe usar a tarxeta Xente Nova para facer uso do transporte, pero pode que os primeiros días, ata coñecer as prazas vacantes do alumnado da ESO, non lles permitan usalo. Convén que, na medida do posible, utilicen outro medio de desprazamento mentras non hai confirmación.
  • MATERIAL ESCOLAR:
O alumnado de 1º e 2º ESO deberá traer o material etiquetado para o seu control. O resto, simplemente algunha libreta ou arquivador e útiles básicos de escritura. 
 

Publicación becas MEC estudos postobrigatorios

Publicadas becas MEC dirixidas ao alumnado que curse estudos postobrigatorios (1º e 2º Bacharelato e PFB).

Prazos: 30 marzo ao 12 maio (ampliado ata o 16 de maio).

Toda a información aquí: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/como-solicitarla.html#cuando-debes-solicitarla.

 A solicitude preséntase unicamente mediante formulario online a través da páxina web do Ministerio de Educación no seguinte enlace (non activo ata o 30 de marzo):

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

Recórdase que o alumnado terá que estar rexistrado na Sede Electrónica do Ministerio.

First Lego League 2022

COMPETICIÓN FIRST LEGO LEAGUE

5 de marzo

Este ano o IES presenta un equipo.
                                      
O desenvolvemento do certame será presencial no Auditorio de Ferrol: 


CATABÓTICA (1º a 4º ESO): Retransmisión do concurso na seguinte dirección: https://tinyurl.com/FLLGalicia2022

Horario: Ronda de Robot:

10:40 Mesa 2A

11:40 Mesa 1B

13:10 Mesa 1B

Proxecto científico : 12:20 Sala P3

ÁNIMO, EQUIPO!! 

Cribado Covid alumnado

AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS

Comunicámoslles que o vindeiro luns, 19 de abril, comezará  un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia da Coruña.

Terán que acudir á súa farmacia de referencia onde lles informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.

Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar con seu centro de saúde.

Para acceder a informaión e ao listado de farmacias premer no seguinte enlace: https://www.cofc.es/campana/79-campana-de-deteccion-de-sars-cov-2 

Rógase a máxima participación polo ben de toda a comunidade

Admisión para o curso 2021-2022

Publicada no taboleiro de anuncios do IES a listaxe provisional

do alumnado admitido para o curso 2021-2022.

Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

 

Benvid@s ao IES DE CATABOIS

=======================================================

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA FAMILIAS DO ALUMNADO

O centro poderá ser visitado entre o 1 ao 19 de marzo polo alumnado e a súa familia

logo de concertar cita previa chamando ao teléfono 881 930 233

ou escribindo ao correo ies.catabois@edu.xunta.gal.

Enlace ao video de presentación do IES

Prema aquí para máis información

Reunións COVID coas familias

REUNIÓNS COAS FAMILIAS PARA EXPLICACIÓN PROTOCOLO COVID.

Só asistirá un proxenitor/a ou representante legal por alumno/a e o uso da máscara é obrigado.

Rógase ler previamente o contido deste protocolo: enlace ao protocolo

O horario será o seguinte:

- 1º ESO: luns, 21 ás 10:00h

- 2º ESO: luns, 21 ás 12:00h

- 3º ESO: martes, 22 ás 10:00h

- 4º ESO: martes, 22 ás 12:00h

A asistencia a estas reunións é obrigada. Se por algunha causa xustificada, non poden acudir á hora e data sinalada, póñanse en contacto co centro para fixar outra cita.

Mª Teresa Gómez Cheda

Directora

Publicada a revista do curso 2019-2020

(25/06/2020)

Lembranzas 2019-2020

Publicada a revista LEMBRANZAS 2019-2020

Case sen darnos conta, xa pasou outro curso. Un curso que resultou ser moi diferente debido á situación de suspensión das clases dende o 13 de marzo, pero, pese a todo, a nosa revista anual non podía faltar á súa cita. Este ano, adaptando o seu formato ás necesidades do momento, publícase exclusivamente en formato dixital, pero ven coma sempre chea de lembranzas.
Aquí vos deixamos o enlace. Desfrutádea!!

LEMBRANZAS Curso 19-20


Información entrega notas

O martes 23 ás 13:00 estarán dispoñibles as notas na plataforma ABALAR.

O xoves 25 de xuño entrega de boletíns de xeito presencial cos titores no seguinte horario:

- 11:00h 1º ESO nas aulas de 1º A e 1º B

- 12:00h 2º ESO e 2º PMAR nas súas respectivas aulas.

- 12:30h 3º ESO e 3º PMAR en desdobres 1 e 2 respectivamente

- 13:00h 4º ESO na aula de 2º PMAR.

O alumnado deberá entregar os libros e o material informático completo (equipos, router, ...), o que  precise para setembro seralle entregado de novo.

Será obrigatorio o uso de mascarilla e manter as distancias de seguridade, polo que é imprescindible o cumprimento do horario establecido. O acceso ao recinto realizarase pola que está fronte ao edificio de administración.

Publicación do anuncio de licitación da concesión do servizo de cafetería do noso centro

(02/06/2020)

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional anuncia o proceso de contratación da concesión dos servizos de xestión das cafeterías dos centros de ensino públicos da provincia da Coruña durante os cursos 2020/21 e 2021/22, mediante procedemento aberto. Entre os centros incluídos atópase o IES de Catabois, que no momento actual conta coa concesión deserta. Aparece no anexo V, co número de lote 54.

O prazo de presentación de propostas dos operadores económicos interesados está aberto e finaliza o día 23 de xuño de 2020 ás 14 horas. O anuncio e toda a información relacionada pode atoparse no seguinte enalce:

www.contratosdegalicia.gal

As consultas relacionadas cos pregos, condicións xerais de contratación, adxudicación e co desenvolvemento da licitación dirixiranse á Xefatura Territorial da Coruña, a través dos teléfonos 981 184 745 e 981 184 730. As consultas relacionadas coa situación e características das instalacións das cafeterías dirixiranse a cada un dos centros educativos.


Vídeo de presentación o IES de Catabois

 

Vídeo presentación IES

Tríptico informativo

 

 

 

 

Publicación das adaptacións das Programacións Didácticas 2019/2020

(13/05/2020)

Publicadas as adaptacións das Programacións Didácticas das distintas materias, segundo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pódense consultar na sección "Departamentos" do menú dereito da páxina web, no departamento correspondente.


 

Orientacións para o desenvolvemento da actividade escolar durante o 3º trimestre

(15/04/2020)

Vistas as indicacións dadas pola Ministra de Educación, e á espera dunha concreción por parte da Consellería, o profesorado do IES de Catabois procederá en breve a sinalar para cada curso e materia:

  • Tarefas específicas para o alumnado con materias suspensas, para que teñan opción de recuperalas.
  • Tarefas de reforzo para o alumnado con materias aprobadas, co fin de que poidan afianzar os coñecementos adquiridos, mellorar a súa situación de cara á continuidade da súa formación e, no seu caso, subir as actuais cualificacións.

En canto recibamos instrucións máis precisas da Consellería de Educación, concretaremos os criterios de cualificación para cada materia.

Seguiremos a contactar coas familias para solventar os problemas de acceso ao teletraballo.


Procedemento de cualificación da 2ª avaliación do curso

(30/03/2020)

Informamos que a  Consellería de Educación ditou o 27 de marzo unhas instrucións para que os centros procedan ao peche da segunda avaliación e á publicación dos resultados.

En aplicación destas instrucións, os equipos docentes de cada grupo están a formalizar o proceso de avaliación cos datos dos que dispoñían a 12 de marzo. O alumnado e familias terán á súa disposición os resultados da mesma o vindeiro 3 de abril a través da aplicación Abalarmóbil. Máis información pinchando aquí: comunicado do equipo directivo


Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar

(30/03/2020)

Infórmase que acaba de ser publicada hoxe na páxina da Consellería de Educación unha orde pola que os usuarios de comedor que non pagan ou que pagan 1 euro poden solicitar axudas para este período de estado de alarma.
Estas familias recibirán unha compensación económica do custo diario do menú por comensal.

Toda a información sobre estas axudas e como solicitalas no seguinte enlace: Instruccións para a solicitude das axudas


Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer