![]() |
IES de Catabois é un centro público no que se imparten os catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e dous perfís: Servizos Comerciais e Limpeza de Edificios dos Programas Formativos Básicos (PFB). Teléfonos: Administración: 881 930 233 - Conserxaría: 881 930 238 - FAX: 881 930 241 Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 |
![]() |
Xestións
Xustificación faltas do alumnado
Faltas de asistencia. No caso de que un estudante non poida acudir ao centro,
deberá proceder do seguinte xeito:
-ESO: Os seus pais ou titores legais deberán de informar á maior brevidade
posible de dita circunstancia telefonicamente. Ademais da comunicación verbal,
deberán cumprimentar o formulario de “Solicitude de xustificación de faltas de
asistencia” que se atopa á súa disposición en conserxaría (e tamén a través deste enlace)
e facerllo chegar ao/á titor/a persoalmente, a través do estudante ou por correo electrónico
ao centro: ies.catabois@edu.xunta.es; xunto coa documentación correspondente,
de habela, no momento da nova incorporación do/a alumno/a ao centro. Esta será resolta
polo/a titor/a ou director/a segundo proceda e comunicada a través da relación de faltas
de asistencia que se tramita por correo ordinario ao domicilio do estudante dentro dos cinco
primeiros días lectivos de cada mes.
