Lingua Galega

Catabois lembra Ricardo Carvalho Calero

(15/05/2020)

Como xa saberedes, o 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Algunhas e algúns de vós tivestes a oportunidade de coñecer un pouco este intelectual ferrolán nun obradoiro e roteiro que tivemos alá por febreiro e marzo.
Mais as circunstancias de emerxencia sanitaria fixeron que todo se paralizase e moitas actividades tiveron que cancelarse; de feito as celebracións deste día adiáronse para o 30 de outubro.
Alén das tarefas que estades a elaborar dende a casa, e outras que irán chegando, os departamentos de Lingua Galega e Tecnoloxía elaboraron un xogo (escape room) co que poderedes ver algúns apuntamentos sobre a súa vida. Aquí vos deixamos o enlace:

Unhas pegadas pola biografía de Ricardo Carvalho Calero


Integrantes Dep Lingua Galega 2019 _ 2020

Curso 2019 - 2020

Coordinadora departamento Lingua Galega e Literatura: González Saavedra, Mª Helena

Integrantes:

- Filgueiras Martínez, Antonia

- González Saavedra, Mª Helena

Distribuir contido