IES DE CATABOIS
Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238
Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241
E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal
50º ANIVERSARIO do IES de Catabois
Xustificación faltas do alumnado
Faltas de asistencia. No caso de que un estudante non poida acudir ao centro, deberá proceder do seguinte xeito:
-ESO: Os seus pais ou titores legais deberán de informar á maior brevidade posible de dita circunstancia telefonicamente. Ademais da comunicación verbal, deberán cumprimentar o formulario de “Solicitude de xustificación de faltas de asistencia” que se atopa á súa disposición en conserxaría (e tamén a través deste enlace) e facerllo chegar ao/á titor/a persoalmente, a través do estudante ou por correo electrónico ao centro: ies.catabois@edu.xunta.es; xunto coa documentación correspondente, de habela, no momento da nova incorporación do/a alumno/a ao centro. Esta será resolta polo/a titor/a ou director/a segundo proceda e comunicada a través da relación de faltas de asistencia que se tramita por correo ordinario ao domicilio do estudante dentro dos cinco
primeiros días lectivos de cada mes.