![]() |
IES de Catabois é un centro público no que se imparten os catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e dous perfís dos Programas Formativos Básicos (PFB): Servizos Comerciais e Limpeza de Edificios. Atópase situado no concello de Ferrol, na estrada de Catabois, nº 560, a uns tres quilómetros do centro urbano. Teléfonos: Administración: 881 930 233 - Conserxaría: 881 930 238 - FAX: 881 930 241 Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236
|
![]() |
Clubs de lectura xuvenís
CLUBS DE LECTURA XUVENÍS
Dende o ano 2008 funcionan no noso centro tres Clubs de Lectura para alumnos:
O Club de Lectura para alumnos de 1º e 2º ESO ten lugar os mércores no 2º recreo na Biblioteca. Dinamizan Iolanda e Pilar.
O Club de Lectura para alumnos
de 3º e 4º ESO ten lugar os venres no 2º recreo en Audiovisuais. Dinamizan Iolanda e Teresa.
Nas sesións de Club de Lectura está permitido comer na Biblioteca e, moitas veces, mesmo as profes encargadas convidan a tomar unhas lambetadas.
O Club de Manga e Anime está dirixido aos alumnos aficionados a este tipo de libros, está dirixido por eles mesmos coa nosa supervisión e contan cun presidente que actúa de voceiro. Reúnense nos segundos recreos de martes e xoves en Audiovisuais. Nas xuntanzas len e comentan libros manga, deciden as propostas de adquisicións que farán á biblioteca, xogan, organizan actividades para todo o centro, planean os seus disfraces para o Entroido e preparan a súa excursión á Expotaku de A Coruña que se celebra anualmente no mes de maio.
Os tres Clubs realizamos unha saída cara a finais de curso para recompensar a dedicación e asistencia ás xuntanzas dos nosos alumnos; pasamos o día fóra do instituto, coñecemos rapaces doutros Clubs de Lectura e visitamos lugares interesantes.
