Secretaría

Secretaría e administración

Comezo de curso 2020-21

(31/08/2020)

Cambio nas datas de comezo de curso: 

  • 1º e 2º ESO: mércores, día 23 de setembro
  • 3º ESO: xoves, día 24 de setembro
  • 4º ESO: venres, día 25 de setembro 

Instrucións definitivas por parte das autoridades educativas  fronte á pandemia de Covid-19.

Seguimos traballando na optimización das medidas organizativas e didácticas, así como na previsión dos diferentes escenarios cos que nos poderemos atopar durante o curso que iniciamos.

Solicitamos e agradecemos de antemán a colaboración e boa disposición de toda a comunidade educativa.

O equipo directivo.


Matrícula PFB 2020-2021

Aberto prazo para preincrición nos Programas Formativos Básicos dos perfís de Comercio e Industrias Alimentarias. Do 1 ao 10 de xullo e do 1 ao 10 de setembro.

Imprescindible solicitar cita previa no 881 930 233

Impreso de preinscrición

Publicación do anuncio de licitación da concesión do servizo de cafetería do noso centro

(02/06/2020)

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional anuncia o proceso de contratación da concesión dos servizos de xestión das cafeterías dos centros de ensino públicos da provincia da Coruña durante os cursos 2020/21 e 2021/22, mediante procedemento aberto. Entre os centros incluídos atópase o IES de Catabois, que no momento actual conta coa concesión deserta. Aparece no anexo V, co número de lote 54.

O prazo de presentación de propostas dos operadores económicos interesados está aberto e finaliza o día 23 de xuño de 2020 ás 14 horas. O anuncio e toda a información relacionada pode atoparse no seguinte enalce:

www.contratosdegalicia.gal

As consultas relacionadas cos pregos, condicións xerais de contratación, adxudicación e co desenvolvemento da licitación dirixiranse á Xefatura Territorial da Coruña, a través dos teléfonos 981 184 745 e 981 184 730. As consultas relacionadas coa situación e características das instalacións das cafeterías dirixiranse a cada un dos centros educativos.


Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición de material escolar. Curso 2020_21

(19/05/2020)

Aberto prazo para presentar as solicitudes de fondo libros e de axudas de material escolar para o vindeiro curso 2020-2021. Prazo ata o 19 de xuño.

A realización do trámite poderase facer preferentemente de xeito telemático a través do seguinte enlace onde tamén atopará toda a información relativa ao trámite:

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Para a atención de xeito presencial será necesario concertar unha cita previa chamando, a partir do día 20 de maio, ao 881 930 233 en horario de 10 a 13 h.


Novo prazo para a solicitude de admisión para o curso 2020-2021

(7/05/2020)

Restablécese o prazo para a presentación de solicitudes para o alumnado de nova incorporación ao centro que quedara incompleto cando se decretou o estado de alarma.

Novo período de admisión: do 11 ao 18 de maio.

A realización do trámite poderase facer preferentemente de xeito telemático a través do seguinte enlace:

Admisión alumnado

En caso de preferir facer o trámite de xeito presencial, rogamos chamen ao teléfono 881 930 233 para solicitar cita, co obxectivo de realizar a atención ao público dun xeito máis seguro. Moitas grazas.

- Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido: antes do 9 de xuño.

- Publicación de listaxes definitivas de alumnado admitido: ata o 26 de xuño.

- Formalización da matrícula: do 1 ao 10 de xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

Acceso á resolución  ==>


Distribuir contido