IES DE CATABOIS

Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238

Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241

E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal

50º ANIVERSARIO do IES de Catabois

Publicación do anuncio de licitación da concesión do servizo de cafetería do noso centro

(02/06/2020)

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional anuncia o proceso de contratación da concesión dos servizos de xestión das cafeterías dos centros de ensino públicos da provincia da Coruña durante os cursos 2020/21 e 2021/22, mediante procedemento aberto. Entre os centros incluídos atópase o IES de Catabois, que no momento actual conta coa concesión deserta. Aparece no anexo V, co número de lote 54.

O prazo de presentación de propostas dos operadores económicos interesados está aberto e finaliza o día 23 de xuño de 2020 ás 14 horas. O anuncio e toda a información relacionada pode atoparse no seguinte enalce:

www.contratosdegalicia.gal

As consultas relacionadas cos pregos, condicións xerais de contratación, adxudicación e co desenvolvemento da licitación dirixiranse á Xefatura Territorial da Coruña, a través dos teléfonos 981 184 745 e 981 184 730. As consultas relacionadas coa situación e características das instalacións das cafeterías dirixiranse a cada un dos centros educativos.


Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer