![]() |
IES de Catabois é un centro público no que se imparten os catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e dous perfís dos Programas Formativos Básicos (PFB): Servizos Comerciais e Limpeza de Edificios. Atópase situado no concello de Ferrol, na estrada de Catabois, nº 560, a uns tres quilómetros do centro urbano. Teléfonos: Administración: 881 930 233 - Conserxaría: 881 930 238 - FAX: 881 930 241 Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236
|
![]() |
Benvid@s ao IES DE CATABOIS
Benvid@s ao IES DE CATABOIS |
|
|
|
=================================================================================== XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA FAMILIAS DE ALUMNADO DE 6º PRIMARIA OU 4º ESO O centro poderá ser visitado entre o 26 de xaneiro e o 18 de marzo polo alumnado e a súa familia logo de concertar cita previa chamando ao teléfono 881 930 233 ou escribindo ao correo ies.catabois@edu.xunta.gal. |
Reserva de praza curso 2021-2021
![]() |
Aberto prazo de reserva de praza para os centros adscritos Data: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro Alumnado implicado: - Alumnado de 4º ESO que queira facer o bacharelato no IES de Leixa. - Alumnado de 6º de primaria dos centros: CEIP San Xoan de Filguiera; CEIP de Pazos e CEIP Juan de Lángara que queiran facer a ESO no IES de Catabois. Enlace á páxina coa información da Consellería de Educación Enlace ao impreso de solicitude (A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro de orixe do alumnado) |
Actividade telemática gratuíta, destinada principalmente ás familias
![]() |
Dende a FEANPAs queren convidarvos a participar desta actividade telemática gratuíta da man de Mª Jesús Olivares Rodríguez, traballadora social feminista, xuntarémonos para achegarnos xuntas ao concepto amplo de IGUALDADE dende distintas perspectivas.
Enlace á información da actividade: obxectivos, enlace á inscrición e programa.
|
Mostra de actividades complementarias do curso 19-20
(1/07/2020)
|
Durante este curso fixéronse moitas actividades nas que o alumnado puxestes en xogo as vosas capacidades creativas: Samaín, magosto, horta escolar, Día da Paz, Quérote+, Entroido, concursos da biblioteca,... Moitos destes traballos recóllense no blog "Queremos facer" dos plans Proxecta, nos que colaboran diversos departamentos do centro. Aquí vos deixamos, ben á man, o enlace, para que lle botedes un ollo e lembredes todos eses bos momentos es os vosos excelentes traballos: |
Matrícula PFB 2020-2021
Publicada a revista do curso 2019-2020
(25/06/2020)
Publicada a revista LEMBRANZAS 2019-2020 Case sen darnos conta, xa pasou outro curso. Un curso que resultou ser moi diferente debido á situación de suspensión das clases dende o 13 de marzo, pero, pese a todo, a nosa revista anual non podía faltar á súa cita. Este ano, adaptando o seu formato ás necesidades do momento, publícase exclusivamente en formato dixital, pero ven coma sempre chea de lembranzas. |
As mulleres nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación
(25/05/2020)
|
O pasado 23 de abril celebrouse o Día Internacional das Mulleres nas TIC. Co motivo desta celebración, os departamentos de Tecnoloxía, Matemáticas e Orientación, elaboraron este xogo de Escape Room para dar a coñecer algunhas mulleres adiantadas ao seu tempo, que destacaron e lograron importantes innovacións no mundo das TIC. |
Catabois lembra Ricardo Carvalho Calero
(15/05/2020)
Como xa saberedes, o 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Algunhas e algúns de vós tivestes a oportunidade de coñecer un pouco este intelectual ferrolán nun obradoiro e roteiro que tivemos alá por febreiro e marzo. |
Publicación das adaptacións das Programacións Didácticas 2019/2020
(13/05/2020)
|
Publicadas as adaptacións das Programacións Didácticas das distintas materias, segundo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Pódense consultar na sección "Departamentos" do menú dereito da páxina web, no departamento correspondente. |
12 de maio, Día Internacional das Mulleres Matemáticas
(12/05/2020)
Hoxe conmemórase o nacemento de Maryam Mirzakhani, que en 2014 gañou a Medalla Fields (que é como o Nobel en Matemáticas). Nos 85 anos que leva concedéndose este galardón foi a única muller que a recibiu. A Comisión de Mulleres e Matemáticas da RSME organizou actividades para conmemorar este día, unha delas é un xogo de escape room ao que podedes acceder aquí: El pasillo del olvido recordado Dende o Departamento de Matemáticas animámosvos a botar un anaco entretidos resolvendo varias probas que implican a grandes matemáticas da historia, desde Hypatia a Sophie Germain ou Maryam Mirzajani. Boa fuxida!! |
Écouter le français avec Célia.
(30/04/2020)
Aínda que a nosa auxiliar de conversa volveu á súa terra debido á situación que atravesamos, segue con nós na distancia e continúan as súas actividades! O departamento de francés está encantado de comunicarvos que todos podedes ter acceso aos vídeos de Célia, a través da súa canle de Youtube. Aquí vos deixamos o enlace Écouter le français avec Célia Moitas grazas e saúdos, Célia! |
Feliz día do libro!
(23/04/2020)
|
Para celebrar o Día do Libro como facemos cada curso, pero nesta situación de confinamento, a Aula de Robótica do IES de Catabois propón a todo o alumnado un concurso fotográfico a través de Instagram en relación co tema anual da biblioteca "Ciencia e literatura". Durante toda esta semana, ata o día 30 de abril, podedes subir unha fotografía na que se poida ver un libro xunto con algo relacionado coa ciencia. Na publicación hai que etiquetar a @roboticatabois e @iesdecatabois e empregar os hastags #yomequedoencasa #cienciayliteraturaiesdecatabois. Concederanse dous premios dotados co agasallo dun libro á foto con máis likes e á foto máis orixinal segundo o criterio do xurado. Os que non teñades Instagram e queirades participar igualmente no concurso á fotografía máis orixinal, tamén podedes enviar as vosas instantáneas á dirección de correo ies.catabois@edu.xunta.es indicando no asunto "Concurso fotográfico Día do Libro". Animádevos a participar e felices lecturas! |
Información
INFORMACIÓN SOBRE O SISTEMA EDUCATIVO (RÉXIME XERAL) // OFERTA EDUCATIVA | |
![]() ![]() |
|
|
|
---|---|
Formulario para solicitar o servizo de comedor | |
Relación libros de texto - 2020/2021 | |
Información paradas do autobús e fotografía das localizacións |
|
Xustificación faltas alumnado: premer en Pais/Nais - Xestións (ou neste enlace) |
|
Enlace ao blog dos Programas Formativos Básicos | |
