IES DE CATABOIS

Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238

Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241

E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal

50º ANIVERSARIO do IES de Catabois

INFORMACIÓN. PROBA DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023/24

QUE É? É unha proba para avaliar as competencias en matemáticas e comunicación lingüística (lingua galega, lingua castelá e lingua inglesa)

A QUEN VAI DIRIXIDO? A todos os centros educativos que impartan o cuarto curso de educación primaria e segundo curso de educación secundaria obrigatoria.

CAL É O PROCEDEMENTO: Os centros recibirán da Administración uns cadernos en formato papel para o alumnado. Tamén haberá uns cuestionarios de contexto dirixidos ás persoas titoras, á dirección do centro, o alumnado e familias.

IMPORTANTE!!

- O alumnado exento de lingua galega estará exento de realizar a proba de competencia en lingua galega.

- Haberá adaptación de tempo, formato, axuda técnica para o alumnado que o precise.

QUEN CORRIXE? O profesorado do centro que non imparte docencia neses cursos e sexa especialista nesas materias. Haberá posteriormente unha segunda corrección por parte da Administración.

CANDO VAI SER? O mércores 10 e xoves 11 de abril de 2024 será a realización da proba. O 22 de abril acaba a corrección e a gravación de datos.

QUEN COORDINA AS PROBAS? Haberá unha comisión de coordinación do centro e outra comisión de coordinación territorial (Administración).

CAL É O FIN? Ao finalizar as correccións cada centro terá unha puntuación global expresada en niveis (NON hai puntuación individual). Esta información será para o centro e Administración e non se fan públicas. Elaborarase un informe a análise da situación co obxectivo de valorar medidas orientadas a mellorar os resultados académicos, a calidade e equidade do ensino.

NORMATIVA:

·     - ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia.

·     -RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2023/24.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer