![]() |
IES de Catabois é un centro público no que se imparten os catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e dous perfís dos Programas Formativos Básicos (PFB): Servizos Comerciais e Limpeza de Edificios. Atópase situado no concello de Ferrol, na estrada de Catabois, nº 560, a uns tres quilómetros do centro urbano. Teléfonos: Administración: 881 930 233 - Conserxaría: 881 930 238 - FAX: 881 930 241 Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236
|
![]() |
Publicada a revista do curso 2019-2020
(25/06/2020)
Publicada a revista LEMBRANZAS 2019-2020 Case sen darnos conta, xa pasou outro curso. Un curso que resultou ser moi diferente debido á situación de suspensión das clases dende o 13 de marzo, pero, pese a todo, a nosa revista anual non podía faltar á súa cita. Este ano, adaptando o seu formato ás necesidades do momento, publícase exclusivamente en formato dixital, pero ven coma sempre chea de lembranzas. |