IES DE CATABOIS

Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238

Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241

E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal

50º ANIVERSARIO do IES de Catabois

Novas

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2023/2024

Prazo de solicitude: do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Procedemento administrativo:     ED330B

Forma de presentación:

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na  aplicación  https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ , imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

Axudas alumnado NEAE

O 26 de abril publicouse no BOE a resolución do 20 de abril pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 23-24.

O prazo extenderase do 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

As solicitudes cumplimentaranse na dirección ou a través da sede electronica.

Admisón de alumnado para o curso 2023-2024. Publicación de listaxes provisionais.

Publicadas no taboleiro do centro as listas provisionais de admitidos no período de Admisión.

 Poderase interpoñer reclamación ás listaxes ante o Consello Escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

As listas definitivas publicaranse o 15 de maio.

Todo o proceso esta regulado en :

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 Para calquera dúbida ou información o noso correo electrónico é:ies.catabois@edu.xunta.gal

 

Exames finais convocatoria ordinariade 2º de Bacharelato (Maio 2023)

Calendario de exames finais de 2º BAC convocatoria ordinaria.

As notas serán publicadas en ABALAR  o martes 16 de maio ás 20 horas..

Convocatoria Ordinaria: O período de reclamacións no centro son os días 18 e 19 de maio de 2023 (ata as 14:00 horas) 

Convocatoria Ordinaria: Reclamación por escrito (se persiste o desacordo) ante Xefatura Territorial os días 23 e 24 de maio de 2023

Prematrícula na ABAU nos centros: 18 ao 22 de maio.

Convocatoria Extraordinaria: O período de reclamacións no centro son os días 26 e 27 de xuño de 2023 (ata as 14:00 horas)

Convocatoria Extraordinaria: Reclamación por escrito (se persiste o desacordo) ante Xefatura Territorial os días 29 e 30 de xuño de 2023 (ata as 14:00 horas)

 Prematrícula  ABAU convocatoria extraordinaria nos centros:  os días 27 e 28 de xuño.

 

 

Becas estudos post-obrigatorios 23-24

O 17 de marzo publicouse a convocatoria de becas do MEC para estudios post-obrigatorios.

O prazo de presentacións de solicitudes é dende o 27 de marzo ata o 17 de maio de 2023.

No  enlace  está a  información e acceso para facer a solicitude en liña.

        

 

 

Para calquera información no seguinte enlace:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

PROCESO ORDINARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO ACADÉMICO 2023/2024. INSTRUCCIÓNS.

 XORNADA PORTAS ABERTAS MÉRCORES 8 DE MARZO DE 16:30 a 18:30,

 Se por calquera motivo, non puideran asistir no horario que se detalla, poderán concertar cita para visitarnos:

Xoves: entre as 10: 00 e as 13: 05.

Polas tardes tamén se pode visitar previa cita chamando ao teléfono  do centro.(881930233).

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 A normativa ven recollida no Decreto 13/2022 e na orde Orde do 21 de outubro de 2022 e na aplicación admisiónalumnado está toda a información do proceso.

 O prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión abranguerá do día 1 ao 20 de marzo de 2023, ambos incluídos.

A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.    

  A solicitude de admisión será dirixida ao centro que se solicite en primeiro lugar

   As familias poderán descargar  os formularios  da aplicación admisionalumnado.  

  Solicitudes > admisión > Crear   

As persoas solicitantes poderán:       

   - Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

   - Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia ou da páxina web da Consellería de Educación, para cubrilos manualmente e entregalos de forma presencial no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA  que se pode adxuntar está recollida no documento.

Prazas vacantes.

  No suposto de que haxa que baremar, o prazo para presentar a documentacion xustificativa: Do 21 de marzo ao 3 de abril (ambos os dous inclusive.

 Publicación das listaxes provisionais: 25 de abril (prazo para reclamacións 5 días hábiles a partir do seguinte á data de publicación destas listaxes provisionais).

 Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio.

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA OS NOSOS CENTROS ADSCRITOS

 CURSO 2023/2024

Todo o alumnado dos centros adscritos, que fixo a reserva de praza para o curso 2023/2024, está admitido. A listaxe está publicada no taboleiro de anuncios do centro.

 

Reunións para coñecer o funcionamento do centro e as instalacións:

Luns, 30 ás 16:00: Reunión de familias de Bacharelato

Martes, 31 ás 16:30: Reunión de familias de 1º ESO

Á reunión poderá asistir tamén o/a propio/a alumno/a. Se non puideran asistir á reunión presencial, terán as portas abertas para visitarnos:

Xoves: entre as 10:00 e as 13:05

Polas tardes tamén se pode visitar previa cita chamando ao teléfono do centro 881930233.

                                  

Os nosos centros adscritos son: CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, CEIP de  PAZOS, CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte e CPI de Atios.

PRAZO: 16 DE XANEIRO ATA O 6 DE FEBREIRO

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual  empregando o formulario en papel ou  e ou a través da aplicación no menú:

 

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non.

Formulario RESERVA GALEGO

 Formulario RESERVA CASTELÁ

 

Comunicado anpas non cobertura de baixas profesorado

Comunicado da Confederación de ANPAs Galegas sobre a non cobertura de baixas do profesorado.

Enlace ao comunicado

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Proceso de Admisión de alumnado

Prazo para solicitar:

Do 01/03/2024 ao 20/03/2024 (ambos os dous incluídos)

1.   

A solicitude (ED550B)debidamente cumprimentada e asinada e a documentación complementaria pode presentarse dunha das seguintes maneiras:

 

·        

Poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

ou

·        

Vía electrónica mediante o formulario normalizado disponible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para esta opción poderá empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365.

 

2.   

As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude ED550B, a seguinte documentación complementaria:

 

·        

Copia do libro de familia

·        

Copia dos DNIs

·        

Certificado de matrícula

·        

Certificado de empadroamento colectivo

·        

No caso de separación, copia da sentenza

·        

Ademais, para solicitudes de BACHARELATO: Certificación académica da nota media do último curso finalizado.

 

3.   

Publicación das listaxes provisionais: 25/04/2024

 

4.   

Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles (dende o seguinte á publicación das listaxes provisionais)

 

5.   

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15/05/2024

Normativa relacionada:


Decreto 13/2022, do 3 de febreiro
, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

FORMULARIO ED550B castelán

FORMULARIO ED550B galego

CONCESIÓN DIGITALWEEK

O centro ten concedido participar no programa de inmersión lingüistica en lingua inglesa a través de actividades dixitais.

DIGITALWEEK

Curso 1º ESO

5ª quenda

DATAS: 29 outubro - 4 novembro 2023

Aulas da natureza

 Aulas de la naturaleza, convocatoria do Ministerio de Educación

Para alumnado con o sen discapacidade de 6º primaria ou 1º ESO.

Prazo: do 1 ao 25 de abril.

Información: aquí

Ou na páxina do ministerio: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares/aulas-naturaleza.htm

Elección de centro para o bacharelato

O alumnado que queira cursar bacharelato no curso 2022-2023 debe solicitar praza entre o 

1 e o 21 de marzo. 

Celebraremos unha reunión informativa para as familias o mércores 9 de marzo ás 17:30h.

Máis información na seguinte circular: Circular informativa.

Axudas para Actividades de Formación en Linguas Estranxeiras 2022

 Prazo aberto dende o 1 de FEBREIRO ata o 28 de FEBREIRO (incluído)

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca 525 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022 (para 1º e 2º BAC).

Web da convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/axudasle    Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.gal

Atención telefónica: 881997426  – 881997497 – 981957538 – 981546532 – 981546544 – 881-996395 – 881996112

Actuación Covid xaneiro 22

ACTUACIÓN ANTE POSITIVOS COVID E CONTACTOS ESTREITOS

 

  • Persoa con test positivo (alumnado ou persoal do centro): pode cubrir este formulario de autodeclaración.

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

 A persoa aparecerá na lista do seu médico e chamarano da central de rastrexadores, sen ter que chamar ao número covid ou ao centro de saúde.

  • Corentenas:

    • Dun caso positivoas indicadas polas autoridades       sanitarias. Como mínimo 7 días, desde o resultado positivo.                          Non acudirá ao centro ata que o médico o indique.

    •                   Dun contacto de positivo:

      •                Sen as dúas doses de vacina: corentena de 7 días mínimo.

      •                Con dúas doses sen síntomas: recoméndase extremar as medidas de prevención.

      •                Con dúas doses e síntomas:

        •                Recoméndase un test e cubrir o formulario (ver primeiro punto)

        •                Non debe acudir ao centro mentras teña síntomas.

 

 

Protocolo Covid e plan continxencia 2021-2022

Eleccións consello escolar

Animamos a toda a comunidade a participar activamente neste proceso electoral como electores/as e como candidatos/as. É importante que todos os sectores estean representados.
 
Atópanse no taboleiro do edificio administrativo os censos electorais a disposición de toda a comunidade escolar para a súa consulta. Pódense presentar reclamacións ata o día 12, ás 10:20.
Para poder ser elixido/a como membro do Consello, é preciso presentar a candidatura en administración antes do día 15 ás 12:20 horas.
As votacións de pais/nais/representantes legais serán o martes, 23 de novembro de 16:30 a 18:00 na Biblioteca do centro. O alumnado votará en horario lectivo ese mesmo día.
 
Publícanse aquí os seguintes documentos: 
 
 

 

 

Reunión virtual de inicio de curso

Convocatorias reunións virtuais de inicio de curso

- Para as familias de alumnado na ESO, xoves 14 de outubro ás 17:30 h:

     Circular informativa para familias de ESO

     Prema aquí para acceder á videoconferencia 

(Consulte na circular informativa a contrasinal da reunión)

- Para as familias de alumnado en BAC, luns 18 de outubro ás 17:30 h:

     Circulares informativas para familias de BAC

     Prema aquí para acceder á videoconferencia de 1º BAC A

     Prema aquí para acceder á videoconferencia de 1º BAC B

     Prema aquí para acceder á videoconferencia de 2º BAC A

     Prema aquí para acceder á videoconferencia de 2º BAC B

(Consulte nas circulares informativas a contrasinal de cada reunión) 

Horarios alumnado

Comezo do curso 2021-2022

COMEZO DO CURSO 2021-2022
 
  • HORARIO XERAL DO CENTRO:
Despois de recibir a notificación da Xefatura Territorial, o novo horario do centro será:
    • Luns, mércores e venres: de 8:40 a 14:25.
    • Martes e xoves: de 8:40 a 15:05
Polo tanto, non haberá clases os martes pola tarde nin servicio de comedor.
 
Na semana do 20 de setembro, convocarase telemáticamente ás familias para informar sobre o protocolo COVID e as normas xerais de funcionamento do centro.
  • TRANSPORTE:
Haberá servizo de transporte para o alumnado de ESO. A saída do inicio de ruta é normalmente ás 8, pero deben procurar estar nas paradas con tempo suficiente por se saen con adianto.

alumnado de BAC, en principio, debe usar a tarxeta Xente Nova para facer uso do transporte, pero pode que os primeiros días, ata coñecer as prazas vacantes do alumnado da ESO, non lles permitan usalo. Convén que, na medida do posible, utilicen outro medio de desprazamento mentras non hai confirmación.
  • MATERIAL ESCOLAR:
O alumnado de 1º e 2º ESO deberá traer o material etiquetado para o seu control. O resto, simplemente algunha libreta ou arquivador e útiles básicos de escritura. 
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer