Procedemento de cualificación da 2ª avaliación do curso

(30/03/2020)

Informamos que a  Consellería de Educación ditou o 27 de marzo unhas instrucións para que os centros procedan ao peche da segunda avaliación e á publicación dos resultados.

En aplicación destas instrucións, os equipos docentes de cada grupo están a formalizar o proceso de avaliación cos datos dos que dispoñían a 12 de marzo. O alumnado e familias terán á súa disposición os resultados da mesma o vindeiro 3 de abril a través da aplicación Abalarmóbil. Máis información pinchando aquí: comunicado do equipo directivo