Actividades 2014/2015

En compañía del "Quijote" con D. Jacinto Barreiro

 O martes 21 de abril tivemos a sorte de que Jacinto Barreiro, que foi durante trinta anos profesor no IES Castelao, compartise con nós unha mínima parte do seu fondo coñecemento e cariño pola obra á que lle estamos dedicando estes días especial atención: o Quixote. Presentóunola como un clásico que é o seu libro de cabeceira, por razóns que sobradamente xustificou, e fíxonos unha emotiva, renovadora, limpa, aberta e esclarecedora primeira aproximación.

Ao teatro!

            O pasado xoves 30 de abril o alumnado de 1º e 2º da ESO e tamén o do PDC (3º e 4º) puido asistir á representación, no teatro-cine Salesianos, dunha selección de escenas dramatizadas da inmortal obra cervantina.

Charlando con Jaureguízar

Preme para ver a foto ampliada Como parte das actividades realizadas no centro para festexar o Día do Libro, o 22 de abril recibimos no noso instituto o escritor Santiago Jaureguízar, que veu  para falarnos dunha das súas novelas, A cova das vacas mortas, lida polo alumnado de 3º ESO no 2º trimestre.

Retratos cos personaxes do Quixote

Tivemos uns invitados de excepción no vestíbulo. Pica na imaxe da esquerda para ver algunhas das fotos que compartiron connosco.

Día Mundial da Poesía

  

        O mércores 25 de marzo alumnado de 3º e 4º da ESO participou no salón de actos na lectura dalgúns dos poemas expostos no vestíbulo para celebrar o Día Mundial da Poesía, que festexamos este curso atendendo ó lema das bibliotecas escolares: "Biblioteca escolar... matemático".

Vídeo: Día Mundial da Poesía

     No seguinte vídeo recóllense algúns momentos da lectura de poemas no acto de celebración do Día Mundial da Poesía:

 

Entrega de premios do concurso "Ilustrando a Castelao"

     O 25 de marzo, dentro do acto de celebración do Día Mundial da Poesía, entregáronse os premios ás gañadoras do concurso Ilustrando a Castelao. Os nosos parabéns a Ainoa de 3º ESO-A e a Sara de 4º ESO-A.

Concurso Jóvenes Talentos del Relato Corto 2015

     O pasado venres 17 de abril as alumnas Berta e Bárbara de 2º da ESO-A, Valeria e Eva Katerina de 2º da ESO-C, acompañadas da súa profesora de Lingua castelá, Laura Morales López, participaron na  55.ª Edición del Concurso Jóvenes Talentos del Relato Corto, organizado por Coca-cola. O departamento de lingua castelá e literatura valora positivamente o seu traballo e implicación, de forma voluntaria, neste concurso e deséxalles moita sorte a todas elas.

A literatura, de loito

     Estamos en abril, achegándonos á gran festa dos libros, e sorpréndenos un ano máis unha mala nova, neste caso por partida dobre. Hai poucos días, o mesmo 13 de abril de 2015 falecían, nos seus respectivos países, o escritor alemán Günter Grass e mais o uruguaio Eduardo Galeano.

Distribuir contido