Actividades 2014/2015

Viaxe a Santiago con 1º de bacharelato

     O día 11 de novembro os alumnos de 1º de Bacharelato foron a Santiago a visitar a exposición “Arte e Ciencia” na Galería Sargadelos. Tamén resultou moi interesante e foi moi didáctica porque combinaba matemáticas e arte, xustamente cuestións relativas o que se estaba impartindo nese momento na aula.

Viaxe a Porto con 2º de bacharelato

O día 30 de outono realizouse unha visita a Porto cos alumnos de 2º de Bacharelato. En primeiro lugar estivemos na casa da Música, logo no Museo Serralves e por último fíxose unha visita ao centro histórico camiñando.

A visita resultou moi interesante, xa que se trataron temas moi diversos: arquitectura, paixase, historia, acústica....

Xa se achegan as Letras Galegas... con Alonso Montero

  O pasado 19 de marzo, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, veu ao noso centro para dar unha conferencia sobre Xosé Filgueira Valverde, autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

Alonso Montero expuxo ante o alumnado de 2º de bacharelato a súa visión persoal sobre o eminente polígrafo homenaxeado nesta ocasión. Falounos da súa vida e obra literaria e investigadora, da época que lles tocou vivir aos dous e das experiencias compartidas na defensa da nosa cultura e lingua.

Se queres ver máis imaxes do acto, pica na foto.

Visita a Santiago e A Coruña con 1º de bacharelato A e B

     Corenta e cinco alumnos de 1º de Bacharelato (grupos A e B) participaron o xoves 26 de marzo cos departamentos de Lingua Castelá e Literatura e de Xeografía e Historia nunha actividade complementaria consistente nunha visita a Santiago e A Coruña.

     Saímos de diante do instituto ás 8:30 da mañán e este foi o itinerario que se percorreu:

Concerto didáctico no Auditorio de Galicia

Pica aquí ou na imaxe para acceder á galería

O mércores 18 de marzo, o alumnado de música de 1º Bacharelao, 3º ESO B e C fomos escoitar un concerto didáctico ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Tocou a Real Filharmonía de Galicia, una orquestra con instrumentos das familias de corda, vento e percusión.

8 de marzo. Día Internacional da Muller

8 DE MARZO

Día Internacional da MULLER

          Dende a biblioteca queremos contribuír a facer visible o papel da muller cunha exposición no vestíbulo sobre a presenza de mulleres na ciencia –tamén cunha presentación na pantalla- (vaia o agradecemento a Pilar Ogando por ceder eses materiais), e unha representación do traballo de mulleres de distintos ámbitos na propia biblioteca.

          Vai e mira!

 

Rosalía no IES CASTELAO

O 24 de febreiro de 1837 naceu Rosalía de Castro. Para conmemorar o nacemento da nosa poetisa máis  querida e admirada, instituíuse esta data como o  Día de Rosalía.

O 24 de febreiro con Rosalía de Castro

      Estes días nos que convivimos con Rosalía para recordar a data do seu nacemento, o 24 de febreiro de 1837, desde a biblioteca tamén queremos facela presente e por iso temos ben á vista a súa obra auroral para as nosas letras:

Hai Cantares gallegos pendurados por toda a biblioteca. Víchelos? 

Simbad e os alumnos de 1º da ESO

O 25 de febreiro os alumnos de 1º da ESO reuníronse no salon de actos con Francisco Castro, autor de Chamádeme Simbad, un dos libros de lectura deste curso. O autor contoulles como se foi xestando o libro, a súa preocupación polo mal do Alzheimer e outros aspectos desta emotiva historia protagonizada por Paulo, Simbad o mariñeiro, e o seu avó, que pouco a pouco vai perdendo a memoria.

Ao final da charla, os alumnos preguntaron ao autor algunhas curiosidades sobre a novela e Castro asinou exemplares da súa obra para que os rapaces gardasen un recordo desta experiencia.

Pica na imaxe para ver máis fotos

Ilustrando a Castelao

                 

 

          Tras a votación do alumnado e a deliberación do xurado correspondente, estes que vedes son os debuxos gañadores do concurso Ilustrando a Castelao en cada unha das dúas modalidades:

I) Ilustración do conto O retrato pertencente a Retrincos de Castelao.

    O debuxo gañador é de Sara Cayetano Sío de 4º A.

 

II) Retrato de Castelao.

Distribuir contido