Actividades 2014/2015

Conmemoración do Día das Letras Galegas

     Para celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas, desde a biblioteca preparamos un enigma sobre o insigne Xosé Fernando Filgueira Valverde (Pontevedra, 1906 – 1996) para que o alumnado de 3º da ESO o resolvese, consultando ou ben na exposición do vestíbulo, dedicada a el, ou ben a través da rede nos ordenadores da biblioteca e puidese así informarse algo sobre o persoeiro homenaxeado este ano 2015.

Con Filgueira Valverde no Museo de Pontevedra

    Dende o primeiro momento a excursión ao Museo de Pontevedra estivo chea de arte: unha escultura no xardín, cadros por todas e cada unha das paredes, esculturas de inmenso valor, recuperación de pezas antiquísimas...

Co principal motivo de coñecer a figura de Filgueira Valverde, por ser o homenaxeado no Día das Letras deste ano, tivemos tamén a oportunidade de entrar en contacto con obras de autores tan coñecidos como Castelao. Arte sempre relacionada con Galicia.

O que máis nos chamou a atención? 

Lecturas adaptadas 1º ESO

    O día 21 de abril un bo feixe de alumnos de 1º da ESO participaron na lectura dramatizada de versións adaptadas dalgúns capítulos do  Quixote. Tal actividade inseriuse na celebración que realizamos ao longo de toda a semana no instituto con motivo do IV Centenario da publicación da II parte do Quixote, en 1615.

    O público asistente, de 1º de ESO nunha sesión, e de 2º de ESO na realizada o día 22 de abril, puido tomar así contacto directo, quizais por primeira vez, co clásico das nosas letras. Volverano atopar en sucesivas ocasións ao longo da súa vida académica.

IV Lecturas Clásicas

      Como xa vén sendo habitual, pois imos pola cuarta edición, celebramos o Día do Libro lendo aos clásicos. E este ano -como non!- tocaba ler o Quixote, só o Quixote, e non con outros textos como en ocasións anteriores. Porque este ano celebramos o IV centenario da publicación da súa segunda parte. As IV Lecturas Clásicas integrámolas, polo tanto, nas actividades que realizamos ao longo desta semana de abril como unha máis das organizadas  para festexar tal efeméride.

Tristeza ao redor da festa das Letras Galegas

 

María do Carme Kruckenberg

(Vigo, 1926-2015)

           No seu blog Brétemas, Manuel Bragado fala o 17 de maio de 2015 da forza, persoal e lírica, desta poeta viguesa que nos abandonou aos 88 anos, tinxindo de tristeza estes días que máis habían ser de ledicia e de celebración para as letras galegas.

 

          Di así:

Certame das Letras Galegas 2015

O 15 de maio deuse a coñecer os gañadores do Certame de cómic, narrativa e poesía  convocado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Dinamización do centro.

Os premios foron entregados por don Ramiro José Pérez, representante da Asociación de Pais e Nais do IES Castelao.

Os traballos premiados serán publicados na nosa revista  Cousas do Castelao.

Se queres coñecer os gañadores pica en Ler máis.

Letras Galegas 2015: Homenaxe a Filgueira Valverde

 

 

O 15 de maio realizamos no IES Castelao unha pequena homenaxe a Xosé Filgueira Valverde, autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, a festa das  nosas Letras.

     Nesta celebración, que se desenvolveu no salón de actos do centro ante alumnos de distintos cursos, xa que da festa das letras se trataba, quixemos conxugar lectura e  música.

Saída a Celanova

O pasado 11 de maio os grupos de 1º bacharelato B e E, acompañados polas profesoras Ana, Lucía e Gloria, viaxaron  ata Celanova para coñecer a vida e obra  dos ilustres escritores nados nesta vila: M. Curros Enríquez e Celso E. Ferreiro.  Se queres ver algunhas fotos da viaxe, pica na imaxe. 

Ilustrando textos de Filgueira Valverde

Pica na imaxe para ver algunhas fotos dos traballos expostos no vestíbulo que os alumnos e alumnas de 1º ESO B realizaron ilustrando textos de Filgueira Valverde.

12 de maio, Día das Matemáticas

As matemáticas posúen non só a verdade, senón certa beleza suprema. Unha beleza fría e austera, como a dunha escultura. Bertrand Russell

 

     No ano 2000, declarado pola UNESCO Ano Mundial das Matemáticas, instituíuse a celebración do día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas pola Federación Española de Sociedades de Profesores/as de Matemáticas (FESPM). A iniciativa xurdiu de Luis Balbuena, da Sociedad Canaria de Matemáticas Isaac Newton. Esta data foi elixida na honra do insigne Pedro Puig Adam, nado o 12 de maio de 1900, quen foi o iniciador da didáctica das Matemáticas en España, sendo  internacionalmente recoñecido no ensino desta materia. Con el comezou a renovación do ensino das Matemáticas no noso país, na década dos cincuenta.

 

Distribuir contido