Actividades 2022/2023

Actividades 2022/2023

O NOSO ALUMNADO DE ADULTOS POR EUROPA A DIANTE GRAZAS A ERASMUS+

O noso alumnado de adultos, que participou no Erasmus+, visitou  as sedes que a UE ten en Bruselas, Estrasburgo e Luxemburgo. Coñeceron de primeira man o Parlamentarium de Bruselas, a Casa da Historia Europea, o Simone Weil de Estrasburgo, a sede da Comisión Europea e demais sitios de interés. Traballaron dunha maneira non formal e informal, sendo conscientes da magnitude da idea de Europa e tamén do gran patrimonio cultural que temos.

AS MOVILIDADES DOS DOCENTES QUE SE ANIMARON A PARTICIPAR

Os nosos docentes xa teñen destino para a súa formación.

Nuestros docentes ya tienen destino para su formación.

 

 

CONCURSO DE MÉRITOS PARA PARTICIPAR NAS MOBILIDADES ERASMUS+

Aquí o concurso de méritos para aqueles docentes, da quenda de diurno, que se animen a participar nesta experiencia. O documento vai acompañado dun código QR co cal podedes acceder ao baremo. Tamén tedes a información dos cursos ofertados. ¡Animádevos e non deixedes pasar esta gran oportunidade!

Aquí el concurso de méritos para los docentes, del turno de diurno, que se animen a participar en esta experiencia. El documento va acompañado de un código QR en el que podeis acceder al baremo. También teneis la información de los cursos ofertados. ¡Animaros y no dejéis pasar esta gran oportunidad!

 

 

Graduación de 4º ESO

O mércores 21 de xuño celebramos a graduación do alumnado de 4º ESO. O acto estivo presentado por Iago Taboada, Aitana Avendaño e Eric Fernández. Os discursos de cada grupo correron a cargo de Sophia de Sousa e Teo Alonso en 4º A, Xoel en 4º B e Kira Casablanca e Cristina Sanromán en 4º C.

Tamén houbo vídeos recordatorios da promoción e un simpático vídeo agasallo do profesorado para a rapazada.

Todo o esforzo pagou a pena.

Desexámosvos o mellor para a nova etapa que emprendedes!!

Álbum: Curso 2022/2023 -> Graduación 4º

"Atrapados no museo"

Para remate do curso o noso grupo de teatro fixo unha actuación especial para os seus compañeiros. Nesta ocasión a obra elixida foi "Atrapados no museo" unha representación na que os actores puxéronse na pel de ladróns, músicos, vixilantes de seguridade e mesmo momias.

Parabéns para estes magníficos artistas!!

Álbum: Curso 2022/2023 -> Grupo teatro fin

BAILANDO COAS FILLAS DE CASSANDRA E MAIS O MONDRA

 

Para poñer punto e final á exposición cantáMOLA en galego e como unha das actividades para pechar o curso, o luns 19 de xuño María (a metade das Fillas de Cassandra) e mais o Mondra visitaron o instituto. A pesar do día gris que estaba, ambos os artistas puxeron cor e música para facer desfrutar a toda a comunidade educativa do IES Castelao.

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Mondra e Fillas

Mencía Jorge Cabaleiro, escritora premiada!

          A nosa alumna de 1º de bacharelato Mencía Jorge Cabaleiro, que leva tempo no mundo das letras e xa foi recoñecida previamente -polo menos no ámbito "doméstico" nalgún concurso- vén de ser premiada no VI Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal.

          Para toda a comunidade do IES Castelao, como alumna brillante e participante activa no noso Club de Lectura, é unha enorme alegría este recoñecemento á tarefa que vén desenvolvendo Mencía no campo das letras. 

          A prensa fíxose eco da boa nova.

          Vaia desde aquí a nosa felicitación máis sincera e agarimosa.

          Adiante con esta magnífica dedicación que xa empeza a dar os seus froitos, Mencía! Con anterioridade a este importante recoñecemento, ten conseguido xa desde o ano 2019 premios en concursos literarios tanto de Galicia como de fóra dela, entre eles nos convocados polos concellos de Mugardos, Pontedeume ou Cambre, mesmo en varias ocasións.

          Parabéns!!

Distribuir contido