Actividades 2022/2023

Actividades 2022/2023

Estudo do intermareal en Patos

O pasado 5 de xuño alumnado de 4º da ESO e 1 de bacharelato foron de excursión á praia de Patos para coñecer os ecosistemas mariños.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Estudo do intermareal en Patos

Escritora novel no instituto

          O pasado mércores 31 de maio na biblioteca o grupo de 1º de ESO-C tivo ocasión de coñecer en persoa a María Corredera Pardo, alumna de 2º ESO A, que vén de publicar na editorial Letra Minúscula a súa primeira obra, La maravillosa isla de Zafira, unha noveliña de fantasía na que presenta un marabilloso mundo poboado por catro reinos (ninfas, fadas, gnomos e trolls) que se ve atacado polos bárbaros. Incorpora tamén elementos propios da literatura tradicional como é a narración oral ou a figura da avoa, que non podía faltar. Todo ilustrado pola propia autora!

          Fermosas descricións, sorprendentes neoloxismos... para presentarnos este mundo creado por María para entretemento duns lectores que agardamos xa pola súa seguinte historia.

          O alumnado que asistiu á presentación coñeceu de primeira man o proceso de creación, durante os paseos pola aldea na pandemia, as súas preferencias, o proceso de publicación, as dificultades ás que se enfrontou... formulándolle cantas preguntas se lles ocorreron.

          Desexamos e augurámoslle  a María un futuro prometedor e moi gratificante facendo o que tanto lle gusta!

          Parabéns!!

Enigmas resoltos!

          Unha trintena de rapaces, tanto de diúrno coma de adultos, interesáronse na resolución dos enigmas que formulamos desde a biblioteca ao longo dos meses de abril e maio arredor de cuestións de libros e autoras: Días de Libros, polo Día do Libro Infantil e Xuvenil e mais polo Día do Libro, e Non pases palabra!, co gallo do Día das Letras Galegas.

          Nun sorteo entre os acertantes, resultaron acredores a cadanseu vale de 25€ para... libros (como non!) as seguintes persoas:

 

  • Adrián Ballesteros González, de 1º ESO C
  • Mencía Jorge Cabaleiro, de 1º BAC E
  • Jorge Sueiro Lago, de IV ESA

Visita á illa de San Simón

O pasado 25 de maio o Equipo de Igualdade participou nunha visita á illa de San Simón coma peche dun curso de traballo e adicación.

Bo traballo, rapazada!

Álbum: Curso 2022/2023 -> San Simón

Iris Santana gaña o Premio á Beleza Matemática

O pasado 25 de maio as nosas alumnas Iris Santana e Noelia Villaravid participaron na fase final das Olimpíadas Matemáticas Galegas e nesta ocasión o Premio a Beleza Matemática foille outorgado a Iris Santana pola resolución intelixente e orixinal do problema proposto.

Noraboa!

Álbum: Curso 2022/2023 -> beleza matemática

Kaiak en Panxón

O pasado 22 de maio o alumnado de 3º ESO puido desfrutar dunha xornada de kaiak no porto de Panxón acompañados das súas profesoras de Educación Física.

Abofé que o pasaron ben.

Álbum: Curso 2022/2023 -> kaiak

Graduación de 2º bacharelato

O pasado venres 26 de maio tivo lugar a graduación da LIII promoción de 2º de bacharelato do noso instituto no Teatro Salesianos.

Nesta ocasión a madriña da promoción foi Alejandra Álvarez, profesora de inglés, quen pronunciou un afectuoso discurso de despedida ao seu querido alumnado. A representante das familias, Nathalie Rodríguez, tamén nos emocionou xunto con Flora Iglesias, representante da ANPA. 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Graduación 2023

Visita a Campo Lameiro

 

O xoves 16 de marzo, os alumnos de 1º da ESO visitamos o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR). Serviunos para coñecer mellor a prehistoria galega.

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Campo Lameiro

Xavier Queipo visita o IES Castelao

O pasado 10 de maio visitou o noso centro o escritor Xavier Queipo para falar e compartir experiencias co alumnado da quenda de adultos. 
 
Primeiramente tivo un encontro co grupo que en breves datas participará no proxecto Erasmus, quen tivo a oportunidade de conversar sobre diferentes cuestións relacionadas coas políticas e institucións europeas, así como as localidades onde teñen as súas sedes –obxecto preferente da próxima viaxe–, ben coñecidas por Xavier, pois nelas exerceu como funcionario de nivel medio-alto durante a súa vida laboral.
 
A información de primeira man da que dispón o noso convidado sobre estas institucións, xunto coa súa condición de escritor e científico, deu pé a que a conversa resultase certamente enriquecedora para as persoas que tiveron a ocasión de entrevistalo.
 
En segundo lugar, Xavier Queipo disertou perante todo o alumnado da quenda de adultos sobre diversos aspectos políticos, culturais e lingüísticos relacionados coa UE, desde as súas orixes ata a actualidade. Atendeu amablemente ás preguntas que a concorrencia lle dirixiu e o resultado foi unha sesión diferente, amena e chea de informacións e coñecemento que colmou as expectativas do público presente. 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Queipo Xavier

Visita aos museos científicos de A Coruña

O alumnado de 2º da ESO visitou onte dous dos museos científicos máis importantes de Galicia, o Domus e o Muncyt, na Coruña.

Pasárono xenial nas actividades científicas e puideron ver de cerca o avión que trouxo a España o mesmísimo Guernica.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Visita Coruña
Distribuir contido