Graduación de 2º bacharelato

O pasado venres 26 de maio tivo lugar a graduación da LIII promoción de 2º de bacharelato do noso instituto no Teatro Salesianos.

Nesta ocasión a madriña da promoción foi Alejandra Álvarez, profesora de inglés, quen pronunciou un afectuoso discurso de despedida ao seu querido alumnado. A representante das familias, Nathalie Rodríguez, tamén nos emocionou xunto con Flora Iglesias, representante da ANPA. 

Os mouchos dos mellores expedientes foron entregados a Alba Pérez, Alejandro Rouco e Paula Estévez. Uxía Prieto pronunciou o discurso de despedida en representación do alumnado e nos sacou un sorriso a todo o profesorado.

A velada estivo amenizada polo grupo de música de 2º de bacharelato acompañados da súa profesora Josefa Fernández. E coma sempre, o peche correu a cargo do noso director, Marco Veiga.

Podedes ver as fotos de Vilux clicando aquí.

Podedes ver o vídeo da graduación aquí.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Graduación 2023