Visita a Campo Lameiro

 

O xoves 16 de marzo, os alumnos de 1º da ESO visitamos o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR). Serviunos para coñecer mellor a prehistoria galega.

 

Fixemos unha visita guiada á área arqueolóxica, un paseo ao aire libre -antes de que chovera- para ver “in situ” distintos tipos de petróglifos e gravados rupestres; así como a reconstrución das cabanas dun poboado de Idade do Bronce. Tamén participamos nun obradoiro, co título de “Arqueólogos por un día” realizando calcos moi chulos sobre as réplicas.

 

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Campo Lameiro