Actividades 2014/2015

Maletas viaxeiras de Poesía e Banda Deseñada

Os libros gostan da viaxe e da sorpresa, agardan nas baldas dos andeis, nos expositores, nas Caixas de Lectura e nas Mochilas Viaxeiras por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.

[Clica na imaxe ou aquí para acceder á Galería]

Queremos tanto a Julio

El departamento de Lengua Castellana y Literatura quiere homenajear bajo este título general (recuerdo del relato que da título a uno de sus volúmenes de cuentos, Queremos tanto a Glenda) la figura del escritor Julio Cortázar por celebrarse este año el centenario de su nacimiento. Además, hace algo menos de año y medio se cumplieron cincuenta años de la publicación de su novela más representativa y una de las cumbres de la narrativa en lengua española del siglo XX: Rayuela. No faltan, pues,  motivos para recordar y homenajear a Julio Cortázar.

Átomos e moléculas

Clica sobre a imaxe para acceder á galería

No vestíbulo do centro amósanse algúns dos traballos con átomos e moléculas que fixemos en 1º da ESO A, B, e C para que comprendan a estrutura da materia e que está formada por partículas en movemento e relacionen estas coa enerxía, ademáis de aprender as partículas que compoñen os átomos.

Na aula fixemos actividades nas que os alumnos se movían formando átomos, moléculas e simulando cambios de estado. Tamén moveron eles as bolas que fixeron simulando o movemento dos electróns.

 

Deformacións plásticas (dobras) e ríxidas (faias)

Clica na imaxe para acceder á galería

No vestíbulo do centro están expostos traballos de 4º eso A e B para ver a diferenza entre as deformacións plásticas (dobras) e ríxidas (faias) ás que están sometidas as rochas. Con isto aprenden as súas partes e adquiren visión espacial á hora de analizar cortes xeolóxicos como os que se observan nas estradas ó facer un túnel.

 

 

 

Mónica Vaz Veiga

(Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía)

PRIN: A Batalla de Rande

Na última quincena de novembro están expostos no vestíbulo os traballos realizados en Proxecto Interdisciplinar polos alumnos de 1º ESO B e 1º ESO C sobre a Batalla de Rande.

Baixo a tutela e guía dos seus respectivos titores, Nacho González e Ismael Arnoso, todos os alumnos traballaron distribuídos en grupos sobre distintos aspectos relacionados con este importante episodio histórico, tan próximo a nós, sucedido hai 312 anos.

 

Premio Cervantes 2014: Juan Goytisolo

De familia de escritores (irmán do poeta José Agustín e mais do tamén narrador Luis Goytisolo -Premio Nacional das Letras 2013-), o novelista Juan Goytisolo naceu en Barcelona no ano 1931.

Fonte: Wikimedia Licenza: CC-BY-SA

Día en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico (2014)

O terceiro domingo de novembro celébrase cada ano o Día en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico. Con ese motivo realízanse actividades de concienciación destinadas en moitos casos a xente nova e en centros escolares.

Microrrelatos gañadores do concurso do Día en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico

Neste vídeo Iván Fernández López de 1º bacharelato B le os microrrelatos gañadores no concurso do Día en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico:

Na procura dos ... libros prohibidos

 

Esta actividade pretende contribuír á formación de usuarios da biblioteca. Circula hai xa anos polas bibliotecas que, coma a nosa, andan no PLAMBE. Seguímola desenvolvendo porque pensamos que resulta útil e divertida.

Lecturas na biblioteca: Samaín 2014

O xoves, 30 de outubro e o mércores, 5 de novembro celebramos o Samaín 2014, cunha lectura de contos de medo, na Biblioteca.

Distribuir contido