ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR - CANDIDATURA PROFESORADO

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes do PROFESORADO no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL fai pública a relación de nomes dos candidatos:

  1. Pilar Carro Mariño
  2. Luis Carlos Paz Doniz
  3. Josefina Pérez Fraga
  4. Soledad Relloso Rodríguez

Votación o luns 28 de novembro de 10,20 a 10,40 e de 12,20 a 12,40.

Elixir a 6 profesores/as

OPERACIÓN KILO - Gran recollida de alimentos

De novo o Centro participa na campaña de Nadal do Banco de Alimentos.

Podes depositar a túa contribución no espazo habilitado no recibidor do Centro entre o 11 e o 15 de Decembro.

 

Grazas

O Equipo Directivo

Eleccións Consello Escolar

Comunicamos que o venres 28 de outubro ás 10.20 horas no despacho do Director procederase ó sorteo público dos membros da xunta electoral que coordinará o proceso de elección.

Saúdos

 

Listaxes definitivas ca adxudicación por alumno/a dos libros de texto do fondo solidario para o curso 2016/17

Publicamos no ficheiro adxunto a relación de libros de texto que recibe cada alumno/a do centro.

O Secretario

Fondo solidario de libros de texto curso 2016/17

Nos ficheiros que se acompañan tedes:

  • a relación definitiva de libros asignados ó alumnado do Centro.
  • a relación definitiva do alumnado excluido.

Saúdos

O Secretario

Axudas libros de texto alumnado repetidor 4º ESO

Comunicamos que o alumando repetidor de 4º ESO pode solicitar axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2016-17 se cumpre as bases da convocatoria*. O prazo remata o 30 de setembro

O Equipo directivo 

Letras Galegas 2017

O noso querido escritor CARLOS CASARES, a quen o noso centro debe o seu nome, vén de ser nominado pola Real Academia Galega no día de hoxe persoeiro homenaxeado nas Letras Galegas do ano 2017.

Parabéns a toda a comunidade educativa.

Celebrarémolo como o persoeiro o merece.

E para ir mergullándose no universo Casares, deixamos a nosa ligazón á nova web Galaxia Casares

Recollida libros de texto para banco da ANPA

A ANPA do centro recollerá un ano máis todos os libros daqueles que queiran doalos ó seu banco para repartir entre o alumnado do vindeiro curso.

Os interesados poden entregalos na biblioteca do centro polas mañás dende o martes 28 ata o venres 1

Grazas pola vosa colaboración

 

A ANPA do IES Carlos Casares

Cambio libro de texto de Inglés en 1º ou 3º ESO para o vindeiro curso

Estimado Pai/Nai

Enviamos unha circular informativa a través do seu fillo/a para comunicarlles que o departamento de Inglés de cara o vindeiro curso vai cambiar o libro de texto de Inglés no nivel que cursa o seu fillo/a, 1º ou 3º ESO. Co gallo de garantir que o libro que vostedes compraron este curso sirva para outro alumno/a que curse o mesmo nivel o vindeiro curso, a editorial comprometeuse a cambiar o libro por outro do mesmo nivel sen custe algún.

Listaxes definitivas admitidos/excluídos curso 2016-17

Publicamos no documento adxunto as listaxes definitivas do alumnado admitido ou excluído no centro para o curso 2016-17.

Distribuir contido