PROCESO ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2023/24

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS 25 ABRIL

As persoas interesadas poderán formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar do centro. As reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS 15 MAIO

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa.

As listaxes poderán consultarse:

 

  • Presencialmente, no taboleiro de anuncios do centro.

  • Telematicamente, a través da aplicación admisiónalumnado da Consellería de Educación empregando a Chave365 ou certificado dixital.

     O prazo de matrícula, tanto para o alumnado do centro como para o alumnado de nova admisión, será do 23 de xuño ao 7 de xullo. Os días de matrícula para cada curso poderán consultarse na nosa páxina Web ou na aplicación Abalar.

 

Toda a información relativa ao proceso de admisión e matrícula será publicada coa antelación suficiente na páxina Web do centro.