Usuario: Acceso

Blogue deadmin

VISITA AO INSTITUTO OCEANOGRÁFICO

O alumnado de 1º ESO A visitou o venres 31 de xaneiro o Instituto Oceanográfico de Vigo grazas a que a súa compañeira Laura Alonso gañou o II Premio de Relato Curto e Debuxo convocado pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra. O persoal do Oceanográfico fíxoos partícipes das súas investigacións e mesmo deixounos participar nos laboratorios. Toda unha experiencia difícil de esquecer. 

EXCURSIÓN Á NEVE

Xa está de volta o alumnado de 3º ESO que pasou cinco días esquiando en Lietariegos. Unha experiencia inolvidable de convivencia e deporte da que, tanto profesorado como alumnado, gardarán un magnífico recordo. 

 

 

 

 

Charla Hábitos de hixiene do sono

 

Dúas doutoras do Centro de Saúde de Sárdoma acudiron hoxe ao noso centro a falar co alumnado de 3º ESO sobre os hábitos do sono. O alumnado contestou nos días previos unha enquisa elaborada por ditas doutoras para coñecer os seus costumes. 

CALENDARIO ESCOLAR 19-20

Velaquí o calendario escolar do curso 19-20. O noso centro tomará como días non lectivos, despois da súa aprobación pola Xefatura Territorial, o 20 de marzo e o 4 de maio. 


SAMAGOSTÍN NO CASARES

Hoxe celebramos no instituto o magosto e o samaín con disfraces, xogos, música e castañas. Unha festa na que traballaron arreo un grupo de alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO para que todo saíse xenial. E así foi. Moitas grazas pola vosa dedicación.

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS

En

O vindeiro luns 7 de outubro terá lugar a reunión das familias cos titores e titoras do alumnado. Será ás 18:45 no Salón de Actos para pasar posteriormente ás aulas correspondentes.

Un saúdo,

A dirección.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. RESOLUCIÓN DEFINITIVA

Publicación das listaxes de adxudicación de libros do fondo da Xunta e das solicitudes excluídas. Estes libros se irán entregando a partir do martes da próxima semana.

 

PRESENTACIÓN DO ALUMNADO 16 DE SETEMBRO

En

Adxúntase documento co horario de presentacións.

 

 

REUNIÓN DA ANPA

 

Hoxe ás 20:00 no salón de actos do instituto terá lugar a reunión da ANPA para tratar o tema do transporte de bacharelato.

ENTREGA DE NOTAS E RECOLLIDA DE LIBROS DO FONDO DA XUNTA

O xoves 5 de setembro se entregarán as notas e se recollerán os libros do fondo de libros da Xunta segundo o horario que figura no arquivo adxunto. 

A dirección.

Distribuir contido

Volver arriba