Usuario: Acceso

Blogue deadmin

Actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017

Comunicamos a publicación no DOG do día de hoxe da Orde do 2 de febreiro de 2017, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, xúntase cartel informativo desta convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 28 de febreiro e remata o día 27 de marzo.

 

Calendario curso 2016-17

Acompañamos resumo do calendario escolar cas datas das avaliacións para o curso 2016-17.
 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR - CANDIDATURA ALUMNADO

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes do ALUMNADO no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL fai pública a relación de nomes dos candidatos:

  1. María Alonso Fernández
  2. Alba Alonso Soto
  3. Erea Garcés Fernández
  4. Carla Rodríguez Pérez

Votación o luns 28 de novembro ao longo da mañá.

Elixir a 3 alumnos/as

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR - CANDIDATURA PROFESORADO

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes do PROFESORADO no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL fai pública a relación de nomes dos candidatos:

  1. Pilar Carro Mariño
  2. Luis Carlos Paz Doniz
  3. Josefina Pérez Fraga
  4. Soledad Relloso Rodríguez

Votación o luns 28 de novembro de 10,20 a 10,40 e de 12,20 a 12,40.

Elixir a 6 profesores/as

OPERACIÓN KILO - Gran recollida de alimentos

De novo o Centro participa na campaña de Nadal do Banco de Alimentos.

Podes depositar a túa contribución no espazo habilitado no recibidor do Centro entre o 11 e o 15 de Decembro.

 

Grazas

O Equipo Directivo

Eleccións Consello Escolar

Comunicamos que o venres 28 de outubro ás 10.20 horas no despacho do Director procederase ó sorteo público dos membros da xunta electoral que coordinará o proceso de elección.

Saúdos

 

Listaxes definitivas ca adxudicación por alumno/a dos libros de texto do fondo solidario para o curso 2016/17

Publicamos no ficheiro adxunto a relación de libros de texto que recibe cada alumno/a do centro.

O Secretario

Fondo solidario de libros de texto curso 2016/17

Nos ficheiros que se acompañan tedes:

  • a relación definitiva de libros asignados ó alumnado do Centro.
  • a relación definitiva do alumnado excluido.

Saúdos

O Secretario

Distribuir contido

Volver arriba