PROCESO SOLICITUDE ADMISIÓN CURSO 2023/24
NORMATIVA
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)
PRAZAS VACANTES
1º ESO | 21 prazas |
2º ESO | 8 prazas |
3º ESO | Sen prazas |
4º ESO | 14 prazas |
1º BACH ciencias | 6 prazas |
1º BACH humanidades | 5 prazas |
2º BACH ciencias | 13 prazas |
2º BACH humanidades | 9 prazas |
PRAZOS
Prazo de presentación de solicitudes de admisión: • Preferiblemente, por vía electrónica mediante o formulario que se atopa na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) que hai que entregar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)
• Opcionalmente, de forma presencial na secretaría do centro de luns a venres en horario de 9 a 14 horas |
1 ao 20 de marzo de 2023
|
Listaxe provisional de admitidos |
25 de abril de 2023 |
Prazo de reclamación |
5 días hábiles contados a partir do día 26 de abril: 26-28 de abril 2-3 de maio |
Listaxe definitiva de admitidos | 15 de maio de 2023 |
Prazo para formalizar a matrícula na ESO e no Bacharelato | do 23 de xuño ao 7 de xullo |
DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE ENTREGAR
• Anexo II asinado na páxina 5 pola persoa solicitante
• Anexo II-bis asinado na páxina 6 por todos os membros computables da unidade familiar e na páxina 7 pola outra persoa proxenitora
• Copia do DNI do alumno e demáis membros da unidade familiar
• Copia do libro de familia de todos os membros da unidade familiar
• No caso de separación ou divorcio, copia da sentenza de separación ou convenio regulador onde se determine a situación do alumno/a
• En Bacharelato, certificación académica coa nota media do último curso finalizado
• Outra documentación xustificativa dos criterios de admisión que a persoa solicitante alega para o baremo (ver Anexo II páxina 4)