Criterios de Baremación

Enderezo: Av. da Ponte, 102, 36215 Vigo, Pontevedra  
  
Horario de clases:


            De luns a venres de 8:40 a 14:10 horas
            Luns: 16:50 a 18:30 horas
            Recreo: 11:10 a 11:40 horas
 
Horario de oficinas:

             De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
 
Horario de visitas: 
         
            Prégase pedir cita previa
 
Correo electrónico: ies.carlos.casares@edu.xunta.gal
             Conserxería: 886 12 04 29
         Secretaría: 886 12 04 30
 
 

 

 

 
   
   
     

ANPA

 

 

 

 

 

VIAXES FIN DE CURSO  

 

 

Tagged:  

Artigo 13. Criterios de baremación ( ORDE do 21 de outubro de 2022)

Cando o número de solicitudes de admisión presentadas en prazo sexa superior ao de postos dispoñibles no centro, valoraranse os seguintes criterios: 

 

Criterio

 

Puntuación

1. Irmán ou irmá matriculados no centro.



Neste caso,tamen  se teñen en conta os fillos de calquera dos cónxuxes sempre que formen parte da unidade familiar. 

  • Por unha irmá ou un irmán matriculada/o no centro: 8 puntos 

  • polo segundo e seguintes, 2 puntos por cada un, co máximo de 14 puntos.

2. Proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo da persoa proxenitora, titora ou acolledora. 

Considerase domicilio familiar aquel no que convivan habitualmente os membros da unidade familiar cunha antigüidade mínima dun ano



Nos casos de separación ou divorcio das persoas proxenitoras, se teñen custodia compartida, considérase domicilio familiar aquel en que figure o/a alumno/a. 

No suposto de custodia exclusiva, aquel en que figure a persoa proxenitora que teña atribuída a custodia do alumno/a. 

Proximidade ao domicilio:

  • Se está na área de influencia do centro: 8 puntos.

  • Se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro: 4 puntos.

Proximidade ao posto de traballo:

  • Se está na área de influencia do centro: 6 puntos. 

  • Se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro: 3 puntos.

3. Renda per cápita da unidade familiar. 

Calculase dividindo a renda da unidade familiar do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural de presentación da solicitude entre o número de membros computables

  • Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.

  • Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75veces o IPREM: 2 puntos. 

  • Se é igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: 1 punto

  • Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.

4. Persoa proxenitora, titora ou acolledora traballadora do centro docente.

 

3 puntos, con independencia de que ambas traballen nel.

5. Familia numerosa

 
  • Por familia numerosa de categoría especial: 3 puntos. 

  • Por familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos

6. Alumnado nado de parto múltiple.

Sempre e cando soliciten o mesmo centro

  • Se son dous: 8 puntos

  • Se son máis de 2: 10 puntos. 

7. Familia monoparental. 

 

2 puntos

8. Discapacidade de calquera membro computable da unidade familiar. 

Por discapacidade igual ou superior ao 33 % dos membros da unidade familiar, cun máximo de 4 puntos:

  • Alumno/a: 4 puntos.

  • Calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, ou o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora: 3 puntos

  • Calquera das irmás ou dos irmáns: 1 punto por cada un.

9. Condición de vítima de violencia de xénero

Aplícase se algún membro da unidade familiarten a condición vítima de violencia de xénero 

2 puntos

10. Condición de vítima de terrorismo.

Aplícase se algún membro da unidade familiarten a condición vítima de terrorismo

2 puntos

11. Criterio complementario. 

Non temos

 

12. Expediente académico para as ensinanzas de bacharelato

Nota media de 3º e 4º ESO

  • Sobresalinte: 2 puntos.

  • Notable: 1 punto. 

  • Ben: 0,50 puntos.

 
 
 
AdxuntoTamaño
CRITERIOS DE BAREMACIÓN.pdf55.91 KB