Reclamacións

Enderezo: Av. da Ponte, 102, 36215 Vigo, Pontevedra  
  
Horario de clases:


            De luns a venres de 8:40 a 14:10 horas
            Luns: 16:50 a 18:30 horas
            Recreo: 11:10 a 11:40 horas
 
Horario de oficinas:

             De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
 
Horario de visitas: 
         
            Prégase pedir cita previa
 
Correo electrónico: ies.carlos.casares@edu.xunta.gal
             Conserxería: 886 12 04 29
         Secretaría: 886 12 04 30
 
 

 

 

 
   
   
     

ANPA

 

 

 

 

 

VIAXES FIN DE CURSO  

 

 

 

Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa

A alumna ou o alumno ou, de ser o caso, a súa nai, o seu pai ou as persoas titoras legais que non estean de acordo coas cualificacións ou decisións adoptadas na avaliación final ordinaria ou extraordinaria poderán solicitar unha reclamación no centro seguindo o procedemento que se detalla a continuación.

1º) Poderán solcitar cantas aclaracións consideren precisas á persoa titora ou ao profesorado responsable da materia, de acordo co procedemento establecido nas normas do centro.

2º) No caso de que persista o desacordo, poderán solicitar por escrito á dirección do centro a revisión da devandita cualificación ou decisión no seguinte prazo:

Convocatoria ordinaria: os días 20 e 21 de maio de 2024.

Convocatoria extraordinaria: os días 17 e 18 de xuño de 2024.

Para iso, terán que encher a solicude de reclamación (ANEXO I) e presentala na secretaria do centro no prazo indicado. Os menores de idade terán que vir acompañado dun dos seus proxenitores. 

Poden descargar o anexo clicando na imaxe correspondente que aparece na parte inferior da páxina. 

 

3º) No caso de persistir o desacordo poderán presentar unha reclamación ante a Xefatura Territorial  a través do centro no seguinte prazo: 

Convocatoria ordinaria: os días 23 e 24 de maio de 2024.

Convocatoria extraordinaria: os días 20 e 21 de xuño de 2024. 

 Para iso, terán que encher a solicude de reclamación (ANEXO II) e presentala na secretaria do centro no plazo indicado. Os menores de idade terán que vir acompañado dun dos seus proxenitores. 

 Poden descargar o anexo clicando na imaxe correspondente que aparece na parte inferior da páxina. 

Convocatoria ordinaria  2º bacharelato

Trámites e actuacións

Prazo

Revisión no centro

Solicitude de revisión no centro das cualificacións finais

20 e 21 de maio 2024

Resolución da revisión no centro e comunicación á persoa interesada

Data límite:

22 de maio 2024

Reclamación ante a Xefatura Territorial

Solicitude de reclamación ante a Xefatura Territorial (se persiste o desacordo)

23 e 24 de maio 2024

Comunicación a inspección educativa da relación de alumnado que presentou reclamación para elevar á Xefatura Territorial

Data límite:

24 de maio de 2024

Envío do expediente á Xefatura Territorial (a través de sede electrónica)

Data límite:

27 de maio de 2024

 

Convocatoria extraordinaria  2º bacharelato

Trámites e actuacións

Prazo

Revisión no centro

Solicitude de revisión no centro das cualificacións finais

17 e 18 de xuño de 2024

Resolución da revisión no centro e comunicación á persoa interesada

Data límite:

19 de xuño 2024

Reclamación ante a Xefatura Territorial

Solicitude de reclamación ante a Xefatura Territorial (se persiste o desacordo)

20 e 21 de xuño de 2024

Comunicación a inspección educativa da relación de alumnado que presentou reclamación para elevar á Xefatura Territorial

Data límite:

21 de xuño de 2024

Envío do expediente á Xefatura Territorial (a través de sede electrónica)

Data límite:

24 de xuño de 2024

 

DOCUMENTOS DESCARGABLES: 

SOLCITUDE DE RECLAMACIÓN AO CENTRO

(ANEXO I)

SOLCITUDE DE RECLAMACIÓN AO CENTRO

(ANEXO II)