CORRECCIÓN LIBROS DE TEXTO 2022/2023
ATENCIÓN:
Lista de libros de texto para o curso 2022/2023 coa corrección dun erro no ISBN do libro de texto de Lingua galega para 3º de ESO. O indicado nesta listaxe é o correcto.
ADXUDICACIÓN LIBROS FONDO XUNTA
Xa está publicada na entrada do centro a lista coa adxudicación dos libros de texto. Pódese consultar también dende a aplicación FondoLibros.
Os cheques de material escolar poderán recollerse na secretaría do centro a partir do martes 26 de xullo en horario de 10 a 13.
Bolsas Concello de Vigo
O Concello de Vigo convoca axudas para libros, material escolar e comedor para o curso 2022-2023. Nos arquivos adxuntos está toda a información.
FONDO LIBROS XUNTA
Xa se pode comprobar na aplicación FondoLibros ou na entrada do instituto o número de libros adxudicados pola Consellería a cada alumno/a ou o rexeitamento da concesión dos mesmos.
ENTREGA - PUBLICACIÓN DE NOTAS
O luns 27 de xuño faremos a entrega de notas ao alumnado da ESO co seguinte horario:
- 9:30 1º ESO
- 10:00 2º ESO
- 10:30 3º ESO
- 11:00 4º ESO
As notas de 1º de Bacharelato publicaranse por Abalar o luns, 27 de xuño ás 13:00 horas. As notas de 2º de Bacharelato publicaranse por Abalar o xoves 23 de xuño ás 22:00 horas.
Gozade das vacacións!!
Matrícula curso 2022-2023
A partir do martes, 21 de xuño, estarán á venta os sobres de matrícula na conserxería do instituto.
As datas preferentes de matrícula son as seguintes
Alumnado que se matricula en:
1º ESO: 23 e 27 de xuño
2º ESO: 27 e 28 de xuño
3º ESO: 28 e 29 de xuño
4º ESO: 29 e 30 xuño
1º BACH: 1 e 4 de xullo
2º BACH: 1 e 4 de xullo
DATAS DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO ANPA E XUNTA
Días de devolución de libros de texto que foron emprestados este curso:
FONDO SOLIDARIO XUNTA DE GALICIA:
21 XUÑO: 4º ESO
22 XUÑO: 2º ESO
Este ano non recolleremos os libros de 1º e 3º de ESO porque non se van reutilizar o curso que vén.
BANCO DE LIBROS DA ANPA:
21 DE XUÑO: 3º E 4º ESO
22 XUÑO: 1º, 2º ESO e 1º BACHARELATO
A ANPA si recolle os libros de 1º e 3º ESO.
FAITE SOCI@ DA ANPA
Adxuntamos información para facerse socio da ANPA do IES Carlos Casares. Para calquera dúbida, podedes dirixirvos ao enderezo electrónico anpaiescc@gmail.com
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDA MATERIAL
Xa está aberto o prazo para a solicitude do fondo libros para o curso 2022-2023 e para a axuda de material escolar. O prazo remata o 22 de xuño.
As solicitudes faranse, preferentemente, por vía electrónica a través do procedemento ED330B. En caso de querer facer a solicitude presencial no centro, rogamos chamen ao 886120429 para pedir cita.
Teñen toda a información no seguinte enlace.
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-020522-000...
LISTAS DE ADMITIDOS
Xa están publicadas no interior do instituto as listas do alumnado admitido para o curso 2022-2023.
