Segundo informou o Presidente da Xunta de Galicia, a partir do luns 16 de marzo quedan suspendidas as clases na comunidade galega, por un período de 14 días.
Recoméndase que mañá venres 13 de marzo o alumnado non veña ao centro, aínda que este permanecerá aberto.