Usuario: Acceso

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

No DOG de hoxe, 19 de xuño, saiu publicada a Orde pola que se regula a participación no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e se convocan AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020-2021.

CITA PREVIA

Lembramos que o procedemento de admisión para novo alumnado deberá realizarse, preferentemente, de modo telématico. Este é o enlace correspondente  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/# 

De precisar acodir ao centro para levalo a cabo, pregamos chamen ao teléfono 886120429 para pedir cita previa co obxectivo de evitar ao máximo o contacto entre persoas. 

IMPORTANTE: RESTABLECEMENTO DO PRAZO DE ADMISIÓN!!!

No DOG do 6 de maio infórmase do restablecemento do prazo de presentación de solicitudes de admisión nos termos que a continuación se indican (pulsar en "ler máis"), de xeito que, a partir do 11 de maio o centro estará aberto no seu horario habitual en secretaría e con presenza dunha persoa do equipo directivo.  

 

SEMANA SANTA

Queridas familias:

Comezamos hoxe as vacacións de Semana Santa ata o martes 14 despois deste período no que tivemos que adaptarnos a novas formas de ensinar e aprender e nas que parece que debemos continuar durante un tempo. Agora toca descansar e cambiar como se poida de actividade. O martes 14 volveremos “ás aulas” mentres esperamos novas da administración sobre como afrontar o terceiro trimestre. Ata entón, gozade da familia e coidádevos moito.

INFORMACIÓN 27 DE MARZO

Estimadas familias:

Agardamos que vos atopedes perfectamente e que esteades levando o mellor posible estes días de peche. No arquivo adxunto tedes información importante. 

 

INSTRUCIÓNS PARA OS DÍAS DE ESTANCIA NA CASA DO ALUMNADO CON MOTIVO DO CORONAVIRUS

Ante a situación para o vindeiros días, informamos das medidas para continuar, no posible, coa actividade educativa.

AVISO URXENTE

Segundo informou o Presidente da Xunta de Galicia, a partir do luns 16 de marzo quedan suspendidas as clases na comunidade galega, por un período de 14 días.

Recoméndase que mañá venres 13 de marzo o alumnado non veña ao centro, aínda que este permanecerá aberto.

VACANTES CURSO 2020-2021

No documento adxunto aparecen as prazas vacantes para o curso 2020-2021

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro luns 2 de marzo celebrarase unha xornada de portas abertas para dar a coñecer o centro ás familias que queiran vir coñecelo. Será ás 18:30 e comezará cunha reunión na biblioteca.

Distribuir contido

Volver arriba