Magosto de Convivencia en Bembrive
Celebración do 11 de outubro
Axuda 25€ material escolar
Xa están a disposición os cheques de ampliación de axuda do material escolar de 25€ (para aqueles que xa teñen concedida a axuda inicial)
Poden pasar a recollelo na secretaría do centro en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Presentarase a persoa solicitante co seu DNI
Actividades extraescolares
Este curso retomamos as actividades extraescolares o luns ao mediodía. O ANPA encargouse da súa oferta para que puidérades elixir aquelas de maior interese. Neste días van voltar a ofrecer a información na súa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/ANPAIESCarlosCasaresVigo). Estade atentos e se tedes interese debedes poñervos en contacto con eles esta semana sen falta.
Rutas transporte 2022-2023
Bo día!
Achégase. con modificacións. as rutas de transporte para este curso. Estade atentos á web estes días por se houbera cambios.
Na presentación, o alumnado consultará a súa ruta. Lembrade que segue a ser a máscara obrigatoria no transporte.
Bo inicio de curso!
Comezamos o curso!
Bo día familias!
Queremos comunicarvos que a presentación do novo curso será o día 8 de setembro. Lembrade que ese día non haberá servizo de autobuses.
As horas de presentación por grupos indicaranse nos próximos días .
Saúdos e vémonos xa!
CORRECCIÓN LIBROS DE TEXTO 2022/2023
ATENCIÓN:
Lista de libros de texto para o curso 2022/2023 coa corrección dun erro no ISBN do libro de texto de Lingua galega para 3º de ESO. O indicado nesta listaxe é o correcto.
(Suprimíronse os libros de lectura de Inglés)
ADXUDICACIÓN LIBROS FONDO XUNTA
Xa está publicada na entrada do centro a lista coa adxudicación dos libros de texto. Pódese consultar también dende a aplicación FondoLibros.
Os cheques de material escolar poderán recollerse na secretaría do centro a partir do martes 26 de xullo en horario de 10 a 13.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
