Blogue deadmin
EXCURSIÓN Á NEVE
Xa está de volta o alumnado de 3º ESO que pasou cinco días esquiando en Lietariegos. Unha experiencia inolvidable de convivencia e deporte da que, tanto profesorado como alumnado, gardarán un magnífico recordo.
Charla Hábitos de hixiene do sono
Dúas doutoras do Centro de Saúde de Sárdoma acudiron hoxe ao noso centro a falar co alumnado de 3º ESO sobre os hábitos do sono. O alumnado contestou nos días previos unha enquisa elaborada por ditas doutoras para coñecer os seus costumes.
CALENDARIO ESCOLAR 19-20
Velaquí o calendario escolar do curso 19-20. O noso centro tomará como días non lectivos, despois da súa aprobación pola Xefatura Territorial, o 20 de marzo e o 4 de maio.
SAMAGOSTÍN NO CASARES
Hoxe celebramos no instituto o magosto e o samaín con disfraces, xogos, música e castañas. Unha festa na que traballaron arreo un grupo de alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO para que todo saíse xenial. E así foi. Moitas grazas pola vosa dedicación.
ENTREGA DE NOTAS E RECOLLIDA DE LIBROS DO FONDO DA XUNTA
O xoves 5 de setembro se entregarán as notas e se recollerán os libros do fondo de libros da Xunta segundo o horario que figura no arquivo adxunto.
A dirección.
BECAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN
Xa está publicada na páxina do Ministerio de Educación y Formación Profesional a convocatoria para solicitar as becas das ensinanzas non obrigatorias (bacharelato). O prazo de presentación remata o 1 de outubro. Na seguinte ligazón está toda a información.
A dirección.
PROBAS DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO
Felicitacións ás alumnas de segundo de bacharelato do noso centro CLAUDIA ÁLVAREZ COSTAS, LUCÍA ÁLVAREZ
MARTÍNEZ, ANTÍA GAGO ALONSO E VANJA VEIGA QUINTAS, polos seus resultados nas probas dos premios
extraordinarios de bacharelato. Os nosos máis sinceros parabéns.
A dirección.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE FONDO LIBROS
Xa está publicada no vestíbulo do instituto a listaxe na que se adxudan os libros de texto para o curso 2019-2020.
Pódese tamén consultar na propia aplicación e no arquivo adxunto.
A dirección.
Devolución dos libros de texto do fondo solidario
Comunicamos que a recollida dos libros de texto prestados polo fondo solidario da Consellería de Educación no curso 2018-19 farase na Aula 25 (enfrente Biblioteca) co seguinte calendario e horario:
- 1º ESO o mércores 26 de 10.00 a 10.30
- 2º ESO o mércores 26 de 10.30 a 11:00
- 3º e 4º ESO o mércores 26 a partir das 11:30
So devolverán os libros o alumnado que non necesite ningún deles para setembro (devolucións completas).
Datas exames setembro 2019
Publicamos as datas e horas dos exames de setembro no arquivo adxunto
Saúdos
O Equipo Directivo
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »
