Proxecto de dirección

Convidámosvos a participar no DAFO do proxecto de dirección do noso centro nos seguintes enlaces:  ALUMNADO  FAMILIAS

Foi publicada a convocatoria para o "concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos".

Dende a dirección actual queremos contar coa opinión de toda a comunidade educativa, polo que convidamos a alumnado e familias a participar na análise do estado do centro cubrindo o DAFO (Debilidades,Ameazas,Fortalezas e Oportunidades)

(entendendo que Fortalezas e Debilidades son as propias do centro e Oportunidades e Ameazas son os factores externos)

Prazo ata o 23 de abril. Agradecemos de antemán a vosa colaboración.