Skip to Content

Mantemento web

Pasos para crear menús e bloques na web

PASOS PARA CREAR CONTIDO NA WEB do Instituto (Drupal 6)

  1. Administrar » Administración do contido» Taxonomía

    1. Aquí creamos o nome do VOCABULARIO ou palabra que vai aparecer nos bloques laterais da esquerda ou dereita premendo na opción <Engadir vocabulario>

    2. O nome  é obrigatorio, debe ser claro e non moi longo, xa que será un menú visible na páxina web.

    3. No apartado descrición podedes engadir información sobre o tipo de contido que irá nese vocabulario.

    4. O texto de axuda aparecerá cando pasemos o rato por riba de dito vocabulario.

    5. Tipos de contido que se vai a poder crear nese vocabulario cando creemos contido novo; o máis usual é páxina e imaxe, historia, even

    6. to (datas especiais ou exames..)

    7. Opcións, en principio deixamolas como están por defecto
    8. Menu location deixamolo en <disabled> desactivado ata que creemos os menús. Desmarcamos a opcion <Add item for vocabulary>

    9. O termo que acabamos de crear será a CATEGORÍA.
    10. Na columna operacións , podemos engadir novos termos que dependan da categoría anterior, por exemplo Categoría "O Centro" e os termos que dependen del son Localización, dependencias, secretaría...
    11. Creamos tantos termos como necesitemos.
    12. Gardar

  2. Administrar» Construcción da páxina» menús

    1. Engadir menú; o nome do menú irá en minúsculas, isto será a ruta URL correspondente ao vocabulario creado antes. O título será o mesmo que o VOCABULARIO creado antes.

    2. Gardar

  3. Volvemos a Administrar » Administración do contido» Taxonomía; aquí escollemos o vocabulario creado antes e prememos en Editar Vocabulario, e no apartado menú location , desplegamos e escollemos o menú do mesmo nome que aparece entre <……>, con isto acabamos de relacionar a taxonomía co menú, e dicir a palabra coa súa URL
    Ao relacionar o Vocabulario cos Menús, no apartado administración dos menús xa aparecen tamén os termos e subtermos.

    1. Gardamos

  4. O seguinte paso Administrar» Construcción da paxina » bloques, aparecerá na parte baixa desactivado o vocabulario creado.

    1. Debemos poñerlle un título que será o nome grande do bloque.

    2. Gardar

    3. Escoller en que parte da páxina se vai a ver , barra dereita ou esquerda

    4. Gardar de novo

  5. O último paso é habilitar os permisos para que estes menús sexan visibles na web para os diferentes roles/tipos de usuario. Debemos ir a <<Mantemento de usuarios>>Taxonomy Access Permissions>> e alí editar os permisos para cada rol. Os novos menús creados aparecen ao final da lista, no apartado <<New>>. Para cada tipo de usuario debemos decidir se ese rol  se pode VER, EDITAR, BORRAR, ACTUALIZAR , coas opcións A(permitir) I(ignorar) ou  D(denegar)
Distribuir contido


by Dr. Radut