Skip to Content

Visita á Sociedade Galega de Historia Natural

Compartimos dúas fotos da visita que fixo o alumnado de 1º de ESO ao museo que mantén a Sociedade Galega de Historia Natural no noso barrio. A actividade foi organizada pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO, Carmen Leira.

 

 

Maios Canido 2017

Compartimos un breve vídeo da actividade dos Maios, na que alumnos do noso centro confraternizaron cos cativos do CEIP Cruceiro de Canido e máis coas xentes do barrio. Embaixo do vídeo tedes algunha foto máis da actividade.

 

Visita á Estación de Bioloxía Mariña da Graña

Deixámosvos unhas fotos da visita que fixo o alumnado de bacharelato das materias Bioloxía e Xeoloxía de 1º e Bioloxía de 2º, acompañado dos seus profesores, Carmela e Ramón. Tanto na visita ás instalacións da Estación como no paseo científico pola ría foron acompañados polo xefe da Estación, Guillermo Díaz-Agras.

 

 

 

 

 

Día das Letras Galegas-Cheos de vida

 

A estas alturas non quedará ninguén que non vise o vídeo dos 1000 escolares que cantaron en Navantia coa cantante Guadi Galego, non si?

 

 

Pois aló estivo o IES Canido, tras o traballo coral que fixeron as semanas previas os nosos alumnos xunto coas profesoras de Música, Cristina e máis Encina. Podedes ver a delegación canidense en Navantia:

 

Velaquí toda a nosa delegación con Guadi Galego:

 

 

E a nosa localización, xunto aos demais institutos de secundaria participantes:

 

 

A actividade, organizada polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol para celebrar o Día das Letras Galegas e tamén para reivindicar o estudo da Música nos centros educativos, supuxo unha experiencia ben fermosa para todo o alumnado implicado así como para os profesores que tiveron a sorte de participar.

Distribuir contido


by Dr. Radut