Skip to Content

ADMISIÓN 2021/22

Desde o xoves 15 de abril pódense consultar no centro educativo as listaxes de solicitudes admitidas e excluídas para a etapa da ESO no curso 2021/22.

De todos xeitos, TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS EN PRAZO PARA 1º, 2º, 3º e 4º DE ESO FORON ADMITIDAS.

Proximamente serán publicadas as listaxes para os cursos de Bacharelato.

Ata o xoves 22 de abril (incluído), poden ser presentadas as reclamacións oportunas.

CONCURSO COCACOLA

O 10 de marzo deste ano celebrouse a primeira fase do concurso de relatos "Novos talentos Coca-Cola", que ten entre os seus antigos participantes
autoras tan coñecidas hoxe como Laura Gallego. Por mor da pandemia, este ano o alumnado participou por vía telemática desde os seus centro respectivos.
Do IES Canido tomaron parte alumnas de 2º (Íker, Lola, Sara S.) e 3º (Lola, Luna, Martina e Sara S.).
 
 
 

 

 

CONCURSO ODISEA

Entre os días 22 e 25 de marzo tivo lugar a fase autonómica do concurso en liña a nivel nacional ODISEA, organizado polaSociedade Española de Estudos Clásicos, na cal, dos 164 equipos participantes, o primeiro posto foi, ex aequo, para os nosos “Zeustodopoderosos”, Pablo Pérez-Castrillón, Xende Núñez e Samuel Castro, de 1º de Bacharelato e un grupo de Lalín.

O vindeiro día 14 celebrarase o desempate entre os dous grupos, para determinar cal deles será o campión que competirá na fase nacional cos outros gañadores autonómicos.

Temos que destacar tamén o 7º posto que acadaron dúas alumnas de 3º de ESO B, Nuria Díaz-Caneja e Sara Sanesteban. Tendo en conta que competían con rapaces de ata 2º de Bacharelato, merecen a nosa felicitación polo ben que o fixeron.

Parabéns polo éxito xa acadado e moita sorte!

8 M NO IES CANIDO

O 8 M celebróuse no centro con diversos actos

Inauguración dunha exposición que , baixo o nome, Descubrindo algunas mulleres que fixeron Ferrol, fai un breve percorrido pola traxectoria dalgunhas das grandes olvidadas da nosa historia. Esta exposición organizada desde Normalización Lingüística contou coa colaboración dos departamentos de Historia, Galego e Plástica.

Solta de globos morados.

Participación dunha alumna de 4º de ESO, Alba Bello Lugrís, no programa de Radio Filispín “Unha tarde no Muíño”.

O alumnado de 1º da ESO aprende Bioloxía facendo maquetas celulares

O alumnado de 1º da ESO elaborou, na materia de Bioloxía e Xeoloxía, maquetas para estudar a estructura e os diferentes orgánulos das células procariotas e eucariotas, con esta actividade ademáis desenvolveron as súas habilidades plásticas.

Así nos quedaron! 

Distribuir contido


by Dr. Radut