Éxito no "Concurso de jóvenes talentos de relato corto"

O alumno de 2º ESO B Sergio Pérez González foi un dos gañadores este ano da fase rexional do "Concurso de jóvenes talentos de relato corto" de Coca Cola. O venres 25 de maio, na gala de entrega de premios, saberemos se será tamén o representante da nosa comunidade na fase nacional. Desexámoslle de novo moita sorte!