Skip to Content

INICIO DO CURSO 2021-2022

O mércores 15 de setembro dará comezo o curso escolar 2021-2022.

O horario desta primeira xornada será o seguinte:

2º, 3º e 4º ESO e 2° BAC: de 9:20 a 14:10

1º ESO: de 9:30 a 14:10

1º BAC: de 9:40 a 14:10

O alumnado accederá durante todo este curso escolar ao centro polas seguintes portas de entrada:

1º, 2º e 3º ESO : porta principal

4º ESO e 1ºBAC e 2º BAC: entrada da rúa Maiola

Durante a primeira hora os titores farán unha presentación do curso e a continuación haberá clase no horario habitual.

Pregamos que consulten o grupo ao que pertence cada alumno/a na aplicación ABALAR. Para iso deben clicar no menú (3 raias arriba á esquerda) e o grupo aparece debaixo do nome do alumno/a.

O transporte escolar comezará no horario habitual e o alumnado usuario do servizo será atendido no centro ata o comezo da actividade lectiva.

O alumnado beneficiario do fondo de libros atopará o material que lle corresponde sobre a súa mesa e xa o poderá levar para a o seu domicilio.

 

 



book | by Dr. Radut