Skip to Content

Escola de familias

Estimadas familias:

 

A asociación Asfedro e a asociación Ex-Alcohólicos de Ferrolterra, en convenio co Concello de Ferrol oferta a posibilidade de realizar unha Escola de familias con nenos/as en idade escolar.

 

Na escola abordaranse os seguintes temas:

 

  • A comunicación familiar e os estilos educativos
  • Normas e límites
  • Adolescencia, drogas e adiccións. Enfoques actuais.
  • Prevención de condutas adictivas: Adiccións con sustancia e adiccións comportamentais.
  • Riscos das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

 

Levarase a cabo no Centro Municipal de Servizos Sociais na Rúa Sánchez Barcaiztegui do Concello de Ferrol os días 15 e 22 de febreiro e 1, 8, 15 e 22 de marzo de 2021 en horario de 17:00 a 18:30 horas.

 

Se estades interesadas en participar podedes inscribiros na asociación Asfedro a través do correo electrónico: prevencionasfedro@gmail.com antes do día 10 de febreiro de 2021 adxuntando: Nome e apelidos, número de fillos/as e idade dos mesmos/as, teléfono de contacto e dirección de correo electrónico. Ou entregar a ficha de inscrición en Xefatura de Estudos.

 

Para máis información podedes chamar a entidade Asfedro: 981372112 e preguntar pola técnica de prevención.

 

Moitas grazas.

 

AdxuntoTamaño
Díptico escola de familias Ferrol 2020.pdf251.48 KB


book | by Dr. Radut