PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS E ENTREGA DE LIBROS DO FONDO

LEMBRAMOS QUE, TAL E COMO RECOLLE A ORDE DA CONSELLERÍA QUE REGULA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, A PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS FARASE O VENRES, 13 DE SETEMBRO.

A ENTREGA DE LIBROS FARASE A PARTIR DO LUNS, 16 DE SETEMBRO NAS QUENDAS DAS QUE AVISAREMOS A TRAVÉS DESTA PÁXINA.

O PROFESORADO VAI SER COMPRENSIVO CO ALUMNADO QUE, COMEZADAS AS SESIÓNS LECTIVAS, NON TEÑA LIBRO DE TEXTO PORQUE ESTÁ Á ESPERA DE RECIBIR OS LIBROS DE ADQUISICIÓN COMPLEMENTARIA.