Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN E MATRICULACIÓN CURSO 2019 - 2020

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:

Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición.
Do 1 ao 15 de febreiro
Data do sorteo público da letra a efectos de desempate.
Última semana de febreiro
Publicación de postos escolares vacantes.
Antes do 1 de marzo
Presentación da solicitude de admisión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores (solicitude de praza en centros públicos).
Do 1 ao 20 de marzo
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
A partir do 22 de marzo
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.
Antes do 25 de abril
Reclamacións.
 
Realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados.
5 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais.
Publicación de listaxes definitivas.
Antes do 15 de maio.
No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
 
RECLAMACIÓNS: 
 
As reclamacións contra a resolución do Consello Escolar, a Comisión de Escolarización e, se é o caso, da Inspección Educativa, poderanse presentar no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o órgano que as dictou.

 
CRITERIOS A A SEGUIR PARA A SOLICITUDE:

  • Pódese solicitar praza a través de internet na aplicación informática «admisionalumnado (/www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou presentando a solicitude cumplimentada no centro. 
  • O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para reservar praza, deberá presentar no centro de orixe ou a través de internet o formulario de solicitude (Anexo I).
  • O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito solicitará a admisión a través de internet ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario de solicitude (Anexo II). Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.
  • Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería:   https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  • Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
  • Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.

 

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:

  • Educación Infantil e Educación Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.
  • Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: Do 1 ao 10 de setembro. 

 

NORMATIVA:

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Presentarase unha única solicitude (Anexo II procedemento ED550B) na secretaría do centro indicado como primeira opción, na que poderán relacionar outros CINCO centros por orde de preferencia.

Tamén poderán descargar e cumprimentar a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923.

A solicitude será ÚNICA e poderase presentar de forma presencial no centro educativo que a rexistrará ou de forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado.

SORTEO PÚBLICO DAS LETRAS DE PRIORIDADE:

(Enlaces inactivos por que está pendente de anunciarse e celebrarse o sorteo)

    • Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates.
    • Resolución do sorteo das letras de prioridade para o desempate no procedemento de admisión.
    • Resultado do sorteo 2019:

Letras primeiro apelido: "..." e "..."
Letras segundo apelido: "..." e "..."

 
 
DOCUMENTACIÓN E ANEXOS COS FORMULARIOS:
  1. Impreso de solicitude de admisión (facilitado polo centro, modelo ED550B Anexo II) que tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Ten que vir asinado polos dous proxenitores.

  2. Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar cando no formulario denegue a súa consulta

  3. Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a

   Orixinal e Copia do DNI do alumno/a ou do libro de familia onde conste inscrito/a o/a alumno/a ou calquera outro documento oficial que acredite a identidade (orixinal e copia)

  1. Certificado de matrícula expedido polo centro onde estea cursando estudos o/a interesado/a

  2. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso (orixinal e copia)

 

MÁIS INFORMACIÓN:

  • Nos propios centros educativos.
  • Nos Departamentos Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • En A Coruña: Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria. DIRECCIÓN: Calle Vicente Ferrer (Edif. Adm. Xunta).
 


page | by Dr. Radut