A xornada de acollemento, de asistencia obrigatoria, desenvolverase o día 5 de xuño ás 18:30 horas no salón de actos do centro. A inasistencia inxustificada a esta xornada de acollemento ou a calquera outra das partes en que se organiza a proba será causa de baixa de oficio da matrícula.
Prema sobre a seguinte ligazón para descargar o calendario de desenvolvemento das devanditas probas no que incluímos a data da xornada de acollemento.
PRAZO MATRÍCULA: 18 A 22 DE MAIO 2023, VER TODA A INFORMACIÓN NOS ADXUNTOS.
PREPARACIÓN ABAU NO IES: VER HORARIO NOS ADXUNTOS
DATAS ABAU: 6, 7 E 8 DE XUÑO DE 2023, VER HORARIOS NOS ADXUNTOS.
LUGAR: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Avda. do Burgo. Campus Norte. Santiago.
Haberá bus para o alumnado do IES Campo de San Alberto con saída ás oito menos dez (7:50h) dende a porta do instituto para os dous primeiros días das probas ABAU (6 e 7 de xuño).
Todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso 2023/2024 dentro de prazo está admitido.Pódense consultar as listaxes de admisión no taboleiro do IES.
Prazo orientativo de formalización de matrícula: última semana de xuño - primeira semana de xullo.
Os prazos exactos publicaranse na web durante o mes de xuño.