Skip to Content

MARZO, CON M DE MULLER

Estimadas familias e demáis comunidade educativa:

Dende o Equipo de Igualdade do noso centro desenvolvemenos con ilusión o noso Plan de Igualdade ao longo de todo o curso con diferentes actividades e propostas. Se visitades a pestana de Igualdade da nosa web atoparedes todas as propostas.

Agora estamos traballando en MARZO, CON M DE MULLER.

Entre as iniciativas que presentamos están:

1- “As mulleres reais superamos a ficción”. Decoramos o noso centro con carteis de películas nas que as protagonistas somos as mulleres do noso IES, superando á ficción audiovisual e contribuíndo ao proxecto interdiciplinar “O CINE”.

2.-Exposición “Cartas de Amor”. Dispoñible no hall do centro ata o 15 de marzo. Convidamos a todos os membros da comunidade educativa a visitala e a traballala dende as titorías e as diferentes materias.

3.- I MOSTRA DE CURTAS NO CASA: “RODANDO CONTRA A VIOLENCIA ÁS MULLERES”

Dende o 8 ao 18 de marzo estará dispoñible o visionado e o formulario de votación online na páxina web do centro e na pestana de igualdade.

Animamos de novo a toda a comunidade educativa a ver e a votar estas curtas que o noso alumnado de 1º de Bac e 2º ESO realizaron rexeitando a violencia ás mulleres.

Haberá 3 premios: segundo a votación do persoal do centro, segundo o resultado da votación das familias e segundo a votación do alumnado.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e aportacións en favor da IGUALDADE.

O EQUIPO DE IGUALDADE

 

SOLICITUDE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

SOLICITUDE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

PARA ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS NON ADSCRITOS:

O prazo de reserva de praza está aberto dende o 1 ata o 21 de marzo, toda a información aquí abaixo:

NORMATIVA

INSTRUCIÓNS

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

VACANTES

CRITERIOS DE BAREMACIÓN

PARA ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS:

Todas as solicitudes de reserva para 1º da ESO e 1º de BACHARELATO feitas dende os centros adscritos foron admitidas.

CONCURSO DE CREACIÓN AUDIOVISUAL

Estadías lingüísticas no estranxeiro dirixidas a alumnado de Bacharelato

No seguinte enlace atoparedes toda a información:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36239

 

MODALIDADE

DURACIÓN

RÉXIME ALOXAMENTO

Nº PRAZAS

1º BACH

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

150

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

135

Inglés en Canadá- Integración

4 semanas

Familia

30

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

2º BACH

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

80

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

90

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

 Total prazas:

525

Aula Mentor: Cursos de Formación do Profesorado

Convocatoria 21/22 de Cursos de Formación do Profesorado na Aula Mentor

O 3 de febreiro abriuse o prazo de inscricion nos cursos Mentor pertencentes á Convocatoria de Formación do Profesorado. Unha vez rematados con éxito se inscribirán no Rexistro de Formacion do Profesorado do Ministerio de Educación e Formacion Profesional e serán válidos a efectos de sexenios e formación.
 
As persoas interesadas poden contactar con Javier Expósito (Administrador da Aula) no seguinte horario ou por correo electrónico:
   Martes: 18:00 a 19:30 h.
   Xoves: 18:00 a 19:30 h.
 
 

No arquivo adxunto podedes consultar información detallada sobre as condicións e o procedemento de matrícula.

CURSO ADF PARA PERSOAS EN PARO: MONTAXE E MANTEMENTO DE INFRAESTRUTURAS DE TELECOMUNICACIÓNS

CONSULTAR O DOCUMENTO ADXUNTO PARA MÁIS INFORMACIÓN

CALENDARIO PROBAS ALUMNADO CON PERDA DE DEREITO Á AVALIACIÓN CONTINUA ESA

ÁMBITO CIENTÍFICO TECNOLÓXICO: MARTES 1 FEBRERO ÁS 19:45H

ÁMBITO DE SOCIEDADE: MÉRCORES 2 DE FEBREIRO ÁS 16:15H

ÁMBITO DA COMUNICACIÓN:

  • LINGUA CASTELÁ: LLUNS 31 DE XANEIRO ÁS 18:15H
  • LINGUA GALEGA: MARTES 2 DE FEBREIRO ÁS 18:00H
  • INGLÉS: MÉRCORES 3 DE FEBREIRO ÁS 18:45H

 

XXVII CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut