Prestige 2012. Décimo aniversario dunha catástrofe

CADEA HUMANA DEZ ANOS DESPOIS

Enviado por admin o Xov, 20/12/2012 - 20:46

O xoves 20 de decembro de 2012 unha cadea humana no patio do instituto lembraba a realizada o 22 de xaneiro de 2003 na Costa da Morte como resposta á catástrofe do Prestige.

A nova na prensa:

Faro de Vigo

La opinión

Esta acción simbólica arredor do acontecido, pero sobre todo do que nunca máis debera acontecer, estivo acompañado da lectura dun manifesto.

 
     

MANIFESTO

Hai agora 10 anos o petroleiro "Prestige" naufragaba fronte as nosas costas verquendo no mar a súa velenosa carga.
Centos de miles de persoas se mobilizaron daquela para limpar praias e coídos e impedir que o chapapote entrara nas rías, pero tamén para  manifestarse públicamente contra as mareas negras e polo coidado e a protección do medio mariño.
10 anos despois sigue sendo necesario recordar e dende o IES de Brión queremos facelo; para iso unímolas nosas mans para berrar moi, moi forte: MAREAS NEGRAS NUNCA MAIS.
-Por un control estrito do tráfico de mercadorías perigosas preto das nosas costas
-Pola redución do consumo de petróleo e polo uso de enerxías limpas, autóctonas e renovables.
-Nunca máis barcos-lixo luxando os nosos mares
-Nunca máis mareas negras emporcando praias e coídos
-Nunca máis mareas negras prexudicando a saúde e acabando co medio de vida de tanta xente.
-Nunca máis mareas negras destruíndo o ecosistema mariño.
Porque queremos un mar de vida e non de morte: MAREAS NEGRAS NUNCA MÁIS.

 
   
 

CONFERENCIA: LOITA CONTRA A MAREA NEGRA

Enviado por centro o Ven, 14/12/2012 - 15:05

O vindeiro Mércores 19 de decembro terá lugar unha conferencia de Emilio Louro, secretario da Confraría de Lira, para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato ás 10:25 na aula de usos múltiples sobre a Loita contra a Marea Negra.

 

   

 

Logo de compartir xenerosamente con nós experiencias e coñecementos, e sobre todo logo dunha importante lección de dignidade, Emilio Louro recomendou o visionado do documental "Historias del chapapote"; así que decidimos insertalo aquí para maior comodidade.

 

 

 

Historias del Chapapote (DOC/35'/ES/PAL 4:3) from elegantmob on Vimeo.

NUNCA MÁIS MAREAS NEGRAS!

Enviado por admin o Ven, 07/12/2012 - 00:55

 

 

10 ANOS DA CATÁSTROFE DO PRESTIGE

 

 

 

 


Hai agora 10 anos o Prestige verquía a súa velenosa carga provocando unha marea negra que asolou as nosas costas. Centos de miles de persoas se mobilizaron entón para:

-Impedir que a marea entrara nas rías, paraíso de biodiversidade e riqueza, ecosistemas en delicado equilibrio que serían destruídos se non fora polos mariñeiros.

-Limpar as praias e coídos, como fixeron as e os voluntarios chegados de todos os lugares do mundo.

-Crear conciencia cidadá sobre a necesidade de protexer e coidar o mar, chamar a atención sobre as nefastas consecuencias dun sistema enerxético baseado no consumo de petróleo e manifestar publicamente o rexeitamento a que barcos nas condicións nas que estaba o Prestige (sen dobre casco, con bandeira de conveniencia, cunha tripulación pouco avezada e con múltiples avarías no seu historial) seguiran navegando polos nosos mares.

O feito de que ao cabo de 10 anos sigamos consumindo petróleo desaforadamente e de que barcos como o Prestige sigan trasladando duns países a outros a súa carga mortal, fai necesario traer á memoria o que ocorreu... para que NUNCA MÁIS volvamos ter mareas negras!

Con esta idea, no IES de Brión pretendemos traballar nas aulas e  desenvolver unha serie de actividades ao longo do curso, comezamos montando unha exposición que vos invitamos a ver e que esperamos que siga medrando coas vosas achegas.


 

O PRESTIGE NA REDE

Enviado por admin o Mér, 21/11/2012 - 00:35
A imaxe que deu a volta ao mundo
 
 Fotografía: Xurxo Lobato 
 

As fotografías tomadas polo fotógrafo Xurxo Lobato o 19 de novembro de 2002 no momento do afundimento do Prestige, formaron parte dende o primeiro momento do repertorio iconográfico da Plataforma Nunca Máis, e pertencen, dez anos despois, á memoria colectiva do noso país.

 

Outro Prestige é posible

   

A organización ecoloxísta Greenpeace publicou un informe titulado "Otro Prestige es posible" no que se tratan en profundidade diferentes cuestións sobre a catástrofe do Prestige, logo xa de dez anos; as súas consecuencias, a súa xestión, a inexistencia de medidas para que non se repita, e sobre todo no que se plantexa que hai alternativas ao uso do petroleo, xa que este é a orixe do problema.

 

 

   

Miguel Pardo presenta este informe no seu artigo "Só é cuestión de tempo que ocorra outro Prestige", publicado no xornal dixital Praza Pública.

 

Fotogalería no xornal El País
     
 

Preme na imaxe para acceder á galería

 

Fotografía: Miguel Vidal (REUTERS).

Voluntarios en Ons, Parque Nacional das Illas Atlanticas. 

 

 

 Fotogalería no xornal La Vanguardia
 
Fotografía: X. Rey. Voluntarios en Muxía. 
Preme na imaxe para acceder á galería.

 

Especial Prestige no xornal La Voz de Galicia
     
 

O xornal La Voz de Galicia adica na súa edición dixital unha sección especial á catástrofe do Prestige.

O especial inclúe unha cronoloxía dos acontecementos máis relevantes a través de novas publicadas no propio xornal e varias fotogalerías.

Na sección temas inclúe tamen o especial "Aniversario Prestige", con novas relativas á catástrofe, e en especial ao xuizo que está tendo lugar dende o pasado 16 de outubro.

 

 Dez anos do Prestige no xornal Praza Pública
 
Especial "Dez anos do Prestige" no xornal dixital Praza Pública. Novas e artigos de opinión sobre o tema.
             
     

 

Plataforma Nunca Máis
     

"A Plataforma Nunca Máis foi creada o 21 de novembro, poucos días despois do afundimento do Prestige fronte ás costas galegas. Esta organización aglutinou desde entón a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsables."

"En Nunca Máis está representada a sociedade civil galega a través de máis de 200 asociacións e colectivos de diverso tipo: confrarías de mariñeiros, asociacións culturais, políticas, ecoloxistas, veciñais, sindicais, productores e comercializadores de peixe, etc. A Galiza emerxente reaccionou masivamente ante a catástrofe e creou esta plataforma para esixir responsabilidades políticas tanto ao goberno autonómico como ao estatal e, por suposto, á Unión Europea."

 
 

 

 

Manifesto fundacional de Nunca Máis

 

 Burla negra
 
 

Colectivo sociocultural galego Burla Negra

Manifesto contra o silencio

 

Cuspindo a barlovento
 
     

Producida polo Centro de Estudos Fotográficos de Vigo, Cuspindo a barlovento reune unha serie de fotografías do fotógrafo Manuel Sendón sobre a catástrofe do Prestige.

Así comeza o texto que o músico Xurxo Souto escribe para esta exposición: "Sabemos que home non pode competir coa natureza en beleza. Nesta Fisterra desgraciadamente, descubrimos que pode superala en capacidade de destrución."

 

 

 Infografías animadas
 
A revista on line Waste publicou unhas infografías sobre o afundimento do prestige, as diferentes solucións aportadas, o batiscafo Nautile, as barreiras anticontaminación e a traxectoria da marea negra.
     
 
     
Animación das características do Prestige e evolución  da deriva ata o seu afundimento, publicada por El País  a partir das seguintes fontes: Salvamento Marítimo,  Instituto Nacional de Metereología, WWF/ Adena e a Delegación do goberno en Galicia.  

¿Que facer co fuel sumerxido?

Animación publicada por El mundo sobre solucións plantexadas  para o fuel sumerxido.

 
 

 

 

 

Impacto da marea negra sobre as aves mariñas
   

"A partir do momento no que se afundiu o Prestige, SEO/BirdLife creóu un equipo de coordinación, unha oficina de emerxencia, un operativo de recollida de aves nas praias, elaborou e distribuíu protocolos de manexo de aves e análises post-mortem, creou un centro de rescate en Cantabria, ademais de analizar e evaluar os datos do impacto e coordinarse coas administración públicas e demais organizacións conservacionistas.
No informe ”Impacto de la marea negra del “Prestige” sobre las aves marinas” de SEO/BirdLife recóllese toda a información e danse os resultados do impacto sobre as aves mariñas."

 

 

   

 

 Marea blanca. Un documental de Isabel Coixet
 
 
 
Documental da realizadora Isabel Coixet sobre os voluntarios e voluntarias que colaboraron nas tarefas de limpeza. Producido no marco do proxecto Save the beach.

 

 Parando a marea negra
     
 

Banda deseñada sobre o impacto ecolóxico da marea negra provocada polo afundimento do petroleiro Prestige frente ás costas galegas.

Nº3 da Colección "Ciencia para todos" da Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega.

 
Guionista: Marilar Aleixandre
Debuxante: Fran Bueno

 Preme na imaxe para descargar o pdf
   

 

 A balea negra
     
    A balea negra é un proxecto expositivo comisariado por Pedro de Llano para o MARCO de Vigo.

Así se presenta o proxecto na web do museo:

"A BALEA NEGRA é un proxecto expositivo que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO, para documentar e rememorar aqueles días convulsos e para abordar algunhas das cuestións máis incitantes do noso tempo: a explotación da natureza, o legado do colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización, os movementos sociais ou a guerra."


 

Man de Camelle no blog La bitácora de Humboldt
 
 
"Las dos vidas y tres muertes de Man de Camelle" no blog "La bitácora de Humboldt".
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.