O xoves 20 de decembro de 2012 unha cadea humana no patio do instituto lembraba a realizada o 22 de xaneiro de 2003 na Costa da Morte como resposta á catástrofe do Prestige.
A nova na prensa:
Faro de Vigo
La opinión
Esta acción simbólica arredor do acontecido, pero sobre todo do que nunca máis debera acontecer, estivo acompañado da lectura dun manifesto.
|
MANIFESTO
Hai agora 10 anos o petroleiro "Prestige" naufragaba fronte as nosas costas verquendo no mar a súa velenosa carga. Centos de miles de persoas se mobilizaron daquela para limpar praias e coídos e impedir que o chapapote entrara nas rías, pero tamén para manifestarse públicamente contra as mareas negras e polo coidado e a protección do medio mariño. 10 anos despois sigue sendo necesario recordar e dende o IES de Brión queremos facelo; para iso unímolas nosas mans para berrar moi, moi forte: MAREAS NEGRAS NUNCA MAIS. -Por un control estrito do tráfico de mercadorías perigosas preto das nosas costas -Pola redución do consumo de petróleo e polo uso de enerxías limpas, autóctonas e renovables. -Nunca máis barcos-lixo luxando os nosos mares -Nunca máis mareas negras emporcando praias e coídos -Nunca máis mareas negras prexudicando a saúde e acabando co medio de vida de tanta xente. -Nunca máis mareas negras destruíndo o ecosistema mariño. Porque queremos un mar de vida e non de morte: MAREAS NEGRAS NUNCA MÁIS.
|
|
|