Actividades

PRESENTACIÓN DA EDITORIAL BURLINGTON

30/10/2008 11:30
30/10/2008 12:30

James, da editorial Burlington vai falar sobre os costumes británicos e ademáis fará xogos cos alumnos/as.

Participará o alumnado de 1º de bacharelato, 3º C ESO e 2º B ESO.

CONCERTO DE AULAS

Luns 16 xuño. 9:30-11:15. Aula de usos múltiples. Alumnado de música

PROGRAMA

2ºB:   A correr, Anónimo, canon a catro voces

A la voreta del mar, tradicional catalana.

2º C:  Cansada estou de solfexar. Canon a tres voces

Vinde velo neno, tradicional galega

2º A:  Frei Santiago, Anónimo, canon a tres voces

Un pouco de Primavera. Vivaldi. Arranxo para tres voces.

3ºC:   Ao pasar por Vilariño, tradicional galega´.

Oh Fortuna! C.Orff. Arranxo para catro voces e percusión.

3º A:  Solmimí

He`s Got the whole Word. Espiritual negro.

3º B:  Baixo dun botón. Anónimo. Canon a catro voces.

When the Saints. Espiritual negro.

4ºB:  Dona nobis pacem. Mozart. Versión instrumental.

O son do ar. Bieito Romero-Luar na Lubre.

VISITA A VIMIANZO DE 1º DE ESO

O día 29 de abril de 2008

Saimos as 8:45 e volvemos as 17:50

Visitaremos:

A ponte de Brandomil

Os sarcófagos de Tines

O dolmen de Pedra Cuberta

O Castelo de Vimianzo

O cidtá de Borneiro

e Laxe o porto

MÚSICA: AULA ABERTA

18/04/2008 11:10
18/04/2008 11:40

Venres 18 de abril nas actividades dos recreos do venres Xulián Sambade e Diego Cidrás alumnos de 2º ESO van presentar ao colectivo hip-hop Dios ke te crew.

GUÍA DE ORQUESTA PARA XÓVENES. BENJAMIN BRITTEN.

Na programación didáctica da Orquestra Sinfónica de Galicia incluíuse este curso a obra de Benjamin BRITTEN: Guía de Orquestra para xóvenes, tamén chamada Variacións e Fuga sobre un tema de H.Purcell e tivemos a grande sorte que aceptaran a nosa solicitude para acudir.

A obra encargaronlla a Britten, un gran músico inglés do séc. XX (1913-1976) no ano 1946, recén rematada a 2ª guerra mundial, como parte dun documental sobre a orquestra sinfónica, ese grande e marabilloso instrumento formado por un montón de instrumentistas.

O obxectivo do Ministerio de Cultura británico, o autor do encargo, era dar a coñecer aos xóvenes, aos escolares do seu país qué é e cómo soa unha grande orquestra.

Britten acepta o reto e constrúe unha obra en tres partes.

En primeiro lugar, recorre a un tema -8 compases- dun músico inglés do pasado, Henry Purcell do séc. XVII, poñendo os focos sobre este mestre como xeito de lle render memoria e tamén para dicirnos que os mestres merecen ser coñecidos porque fixeron obras que o tempo non gasta, das que podemos aprender e coas que podemos seguir disfrutando.

I parte, moi breve, presentanos o tema de Purcell tocado por toda a orquestra. De seguido vai pasando eses mesmos 8 compases polas distintas familias instrumentais: vento-madeira, vento-metal, cordas e percusión antes de volver a interpretalo, de novo, con toda a orquestra. Deste xeito somos moi capaces de escoitar o tan distinto que soa o mesmo, tocado por distintas familias, por distintos instrumentos.

II parte, para presentarnos a cada uns dos membros das distintas familias e facernos escoitar como soan, que propiedades e características teñen, constrúe 13 variacións breves sobre o tema que xa coñecemos.

III parte, unha Fuga, esa forma musical tan vella e tan formidable. O tema é de Britten e as seguintes voces vanse incorporando progresivamente imitandose, a maior ou menor altura desde distintos instrumentos facendo un tecido musical complexo e excitante. Antes de dar cabo á obra, reaparece o tema de Purcell interpretado a todo vento polos metais que o xuntan co tema da fuga nun tutti orquestral potente e fermoso.

A obra é breve, como non pode ser menos nunha pretensión pedagóxica. Non chega aos 17 minutos na interpretación do propio Britten.

Nosoutros escoitaremos a Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida polo seu titular Víctor Pablo Pérez no Pazo da ópera de A Coruña e teremos ademáis a sorte de contar con Fernando Palacios ese divertido e estupendo pedagogo musical como narrador.

Será un placer que ademáis vainos proporcionar un coñecemento da Orquestra Sinfónica magnífico e imperecedero.

Para quen queira descargarse a unidade didáctica que prepararon aquí teñen o enlace:

http://www.sinfonicadegalicia.com/imagenes/descargas/Orquesta_para_jovenes.pdf  

CONCERTO NO PAZO DA ÓPERA DE A CORUÑA. 2º ESO (A, B, C)

11/04/2008 00:50
11/04/2008 14:00

Obra: Guía de Orquestra para xóvenes

Intérpretes: Orquestra Sinfónica de Galicia

Dirixe: Víctor Pablo Pérez

Narrador: Fernando Palacios

Profesores acompañantes: Lidia S. Mata, Puri Núñez, Nanina Santos.

QUE ASPECTOS POSITIVOS APORTA O TEATRO NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA?

Para participar na enquisa sobre este tema preme na seguinte ligazón Enquisa teatro

Fotos da saída 4º ESO ao teatro: "133.6FM. No espazo interior".

Aquí podedes atopar algunhas fotos da saída que fixemos co alumnado de 4º de ESO ao Auditorio de Santiago de Compostela para ver a obra de teatro "133.6FM. No espazo interior". dentro da campaña de Educación Viaria que organiza o Concello de Santiago e a Xefatura de Tráfico de Coruña.

Que as disfrutedes! 

Educación vial a través do teatro

05/11/2007 10:30

O alumnado de 4º de ESO participará na campaña "Onde está o perigo?"
que organizan os Departamentos de Educación e Xuventude e Tráfico e
Seguridade Cidadá así como a Xefatura de Tráfico da Coruña.

A primeira proposta desta campaña vai dirixida ao alumnado de secundaria
e consiste na representación da obra de teatro musical titulada
"133.6FM. No espazo interior".

A representación teatral será na sala Mozart do Auditorio de Santiago de Compostela o luns 5 de novembro ás 12 horas.

O alumnado de 4º irá acompañado polo seu profesorado-titor/a co gallo de
continuar traballando en titoría os distintos temas que sobre Educación
Vial se introducen na obra de teatro, como son respectar os sinais,
poñerse o casco, abrocharse o cinto de seguridade ou non beber cando se
vai conducir.

Educación vial a través do teatro

05/11/2007 10:30

O alumnado de 4º de ESO participará na campaña "Onde está o perigo?" que organizan os Departamentos de Educación e Xuventude e Tráfico e Seguridade Cidadá así como a Xefatura de Tráfico da Coruña.

A primeira proposta desta campaña vai dirixida ao alumnado de secundaria e consiste na representación da obra de teatro musical titulada "133.6FM. No espazo interior".

A representación teatral será na sala Mozart do Auditorio de Santiago de Compostela o luns 5 de novembro ás 12 horas.

O alumnado de 4º irá acompañado polo seu profesorado-titor/a co gallo de continuar traballando en titoría os distintos temas que sobre Educación Vial se introducen na obra de teatro, como son respectar os sinais, poñerse o casco, abrocharse o cinto de seguridade ou non beber cando se vai conducir.

Distribuir contido