Educación vial a través do teatro

05/11/2007 10:30

O alumnado de 4º de ESO participará na campaña "Onde está o perigo?"
que organizan os Departamentos de Educación e Xuventude e Tráfico e
Seguridade Cidadá así como a Xefatura de Tráfico da Coruña.

A primeira proposta desta campaña vai dirixida ao alumnado de secundaria
e consiste na representación da obra de teatro musical titulada
"133.6FM. No espazo interior".

A representación teatral será na sala Mozart do Auditorio de Santiago de Compostela o luns 5 de novembro ás 12 horas.

O alumnado de 4º irá acompañado polo seu profesorado-titor/a co gallo de
continuar traballando en titoría os distintos temas que sobre Educación
Vial se introducen na obra de teatro, como son respectar os sinais,
poñerse o casco, abrocharse o cinto de seguridade ou non beber cando se
vai conducir.