EXPERIEMENTANDO CUNHA "CÁMARA DE CULTIVO"

Neste experimento, coordinado polo Departamento de Bioloxía do centro, o alumnado de Bioloxía de 4º da ESO e de Cultura Científica de 1º de Bac teñen que facerse cargo de manter esta cámara de cultivo (elaborada polo Departamento de Tecnoloxía), na que se atopan diferentes variedades de plantas (castiñeiros,bidueiros e moreiras) en condicións de temperatura e luz moi especiais, tomando datos semanalmente sobre o seu desenvolvemento, brotes, contaminación, ..., e tamén repoñendo a auga dos castiñeiros. A duración do proceso será de sete semanas. As plantas que ao remate deste período presenten brotes, serán extraídas e replantadas no medio natural tras a súa aclimatación.
Outra das actividades específicas coa cámara de cultivo consiste na observación da contaminación, in vitro, dos bidueiros (dispostos en tres matraces), ao sometelas a diferentes tipos de contacto co medio externo. O primeiro matraz ábrese e axítase uns segundos para facer entrar aire no seu interior. O segundo permanece durante 15 minutos ao aire libre. No terceiro introdúcese un obxecto non estéril (nesta caso, un lapis), para que contacte co cultivo. Para a sorpresa do alumnado responsable, o segundo matraz foi o máis contaminado e menos enraizado, o primeiro foi o menos contaminado e o terceiro o máis enraizado.
PREME AQUÍ para ver algunhas fotos sobre este interesante traballo.