CONCERTO DE FIN DE CURSO

Na tarde do xoves 22 de xuño tivo lugar o concerto de fin de curso, a cargo do alumnado da materia de Música, e no que tamén colaboraron algúns pofesores do centro. Foi o último concerto para o alumnado de 1º de Bac, que tivo palabras de recoñecemento para Luz, a súa profesora da materia durantes estes anos.

AQUÍ podes ver o vídeo do concerto e AQUÍ algunhas das fotos seleccionadas. O resto das imaxes quedan gardadas na biblioteca do centro, a disposición de quen queira copias das mesmas.