2º DA ESO NO CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN.

Un ano máis, alumnado do noso centro participou no Campionato Provincial Escolar de Orientación. O curso que acudiu ao evento foi  2º da ESO, e desenvolveron a proba polo terreo do Parque Rosalía de Castro (Lugo). Nesta edición participaron sobre 400 alumn@s de distintos centros da provincia, cinco da cidade de Lugo e outros seis institutos doutros concellos da provincia, entre eles o noso. A experiencia resultou moi positiva e os nos@s participantes remataron con gañas de repetir para a próxima edición. Pero iso xa será outra historia.

Preme aquí para ver unha selección de imaxes.

2º DA ESO NO CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN.